Aranguren é un concello de Navarra, no meiriñado de Pamplona, a 3 km da capital desta comunidade, Pamplona. Pola súa proximidade á capital navarra forma parte tamén da área metropolitana de Pamplona. Tiña en 2023 unha poboación de 12 517 habitantes.

Está formado polos lugares de Aranguren, Labiano, Lakidain, Mutiloagoiti, Mutiloabeiti, Taxoare e Zolina.

Topónimo O significado etimolóxico de Aranguren é val fermoso. (H)aran significa val en lingua vasca e guren é unha palabra xa arcaica deste idioma que significaba louzán ou fermoso.

Administración + Lista de alcaldes2007-2011 Manuel Romeu Pardo CPVA 2003-2007 ? ?

Demografía

Deportes OD Mutilvera, que milita na Terceira División (Grupo 15)

Festas Aranguren: Primeira fin de semana de agosto. Labiano: Derradeira fin de semana de agosto. Lakidain: 11 de novembro. Mutiloagoiti: Celébranse durante a terceira fin de semana do mes de maio. Mutiloabeiti: Data variable, no entanto sempre inclúen o día 14 de setembro. Taxoare: Primeira fin de semana de setembro. Zolina: Durante a fin de semana máis próxima ao día 7 de outubro.

Véxase tamén

Ligazóns externas Instituto de estatística de Navarra Infraestrutura de Datos Espaciais de Navarra Concello do Val de Aranguren

Categoría:Concellos de Navarra Categoría:Topónimos con etimoloxía