A Copa Confederacións da FIFA (en inglés: FIFA Confederations Cup) foi un torneo de fútbol organizado pola FIFA que enfrontaba a seleccións nacionais representantes de cada unha das confederacións da FIFA. Comezou celebrándose cada dous anos, pasando a celebrarse a partir de 2005 cada catro anos, xusto no ano anterior á celebración do Mundial no mesmo país organizador do evento.
Competían no torneo oito seleccións: os campións de cada un dos torneos que organiza cada confederación (a Copa Asiática da AFC, a Copa de África de Nacións da CAF, a Copa Ouro da CONCACAF, a Copa América da CONMEBOL, a Copa das Nacións da Oceanía da OFC, a Eurocopa da UEFA) e mais a selección campioa do último Mundial e o país anfitrión.
Historia O torneo foi orixinalmente organizado e realizado en Arabia Saudita co nome de Copa do Rei Fahd (ou Campionato Intercontinental) disputándose en 1992 e 1995 pola selección de Arabia e mais algúns campións continentais. En 1997 a FIFA fíxose cargo da organización do torneo, renomeándoo Copa Confederacións da FIFA e fixando a súa celebración cada dous anos.
A partir de 2005 a Copa pasou a disputarse cada catro anos, no ano anterior á celebración do Mundial e no país que acollese esa edición do máximo torneo intercontinental de nacións. Na actualidade está considerado como un test ou ensaio xeral para os países encargados da organización do mundial ademais de lles permitir competir á súa selección nacional ao máis alto nivel durante os dous anos anteriores ao evento (débese recordar que o país anfitrión se cualifica automaticamente para o Mundial).
Cando o vixente campión mundial tamén acapara algún dos títulos continentais, o subcampión tamén disputa o torneo para completar o número de oito participantes. Na edición de 2005 produciuse unha complicada situación: o campión do mundo tamén era campión de América e o subcampión, Alemaña, estaba clasificado coma anfitrión, a solución á que se chegou foi a de convidar ao subcampión da Copa América, Arxentina.
Até en tres ocasións houbo seleccións que decidiron non participar no torneo. O campión europeo de 1996, Alemaña, decidiu non facelo na edición de 1997 sendo substituída pola subcampioa, a República Checa. Francia, como campioa mundial de 1998 non participou na edición de 1999 sendo substituída pola finalista Brasil. Por último, a Alemaña subcampioa de 2002, foi substituída por Turquía (terceira nese mesmo Mundial) na edición de 2003.
O primeiro antecedente da Copa das Confederacións foi o Mundialito (ou Copa D'Oro). Tamén está considerado coma precursor deste torneo o Trofeo Artemio Franchi disputado en 1985 e 1993 entre os campións da Copa América e da Eurocopa Intercontinental Cup for Nations.
Resultados
Copa do Rei Fahd Ano Anfitrión Final Partido 3º e 4º posto Campión Resultado Finalista 3º postoResultado 4º posto 1992 As primeiras dúas edicións foron de facto a defunta Copa do Rei Fahd. Posteriormente a FIFA recoñeceunas retroactivamente coma Copas Confederacións. Véxase http://www.fifa.com/tournaments/archive/tournament=101/awards/ . Detalles 3–1 5–2 1995 Detalles 2–0 1–1(5–4 q.p.)
Copa das Confederacións Ano Anfitrión Final Partido 3º e 4º postoCampiónResultado Finalista 3º postoResultado 4º posto 1997 Detalles6–0 1–0 1999 Detalles 4–3 2–02001 Detalles 1–0 1–0 2003 Detalles 1–0(gol de ouro) 2–12005 Detalles4–1 4–3(prórroga) 2009 Detalles3–2 3–2(prórroga)2013 Detalles3–0 2–2 (7–6)(penaltis) 2017 Detalles1–0 2–1(prórroga)
Palmarés EquipoTítulosFinalista3º posto4 (1997, 2005, 2009, 2013)1 (1999) - 2 (2001, 2003) - - 1 (1992) 2 (1995, 2005) - 1 (1999) - 1 (1995)1 (2017) -1 (2005) 1 (1995) - - - 1 (2009) 2 (1992, 1999) - 1 (1997) 1 (2001) - 1 (2013) 1 (2009) - 1 (1992) - - 1 (2001) - - 1 (2003) - - - 1 (1997) - - 1 (2003) - - 1 (2013)
Goleadores Máximos goleadores por edición AnoXogadorGoles1992 Gabriel Batistuta Bruce Murray21995 Luis García31997 Romário71999 Ronaldinho Cuauhtémoc Blanco Marzouq Al-Otaibi62001 Eric Carrière Robert Pirès Patrick Vieira Sylvain Wiltord Shaun Murphy Takayuki Suzuki Hwang Sun-Hong 22003 Thierry Henry 42005 Adriano 52009 Luis Fabiano52013 Fernando Torres Fred52017 Leon Goretzka Lars Stindl Timo Werner3
Máximos goleadores da historia do torneo XogadorPaísGolesCuauhtémoc Blanco 9RonaldinhoFernando Torres 8Adriano7RomárioMarzouq Al-Otaibi 6David Villa Alex5John Aloisi Luis FabianoFred Robert Pirès Vladimír Šmicer
Resumo Participación detallada por ano Equipo19921995199719992001200320052009 Brasil 2013 Rusia 2017Total--CampiónF4º1RCampiónCampiónCampión -7-3º1RCampión1R-4º-1R4º7-1R--F1R1R-1R -5F1R1R4º---- - -4 --F-3º-1R- -1R4CampiónF----F- - -3 ---1R--3º- -Campión33º--3º-1R-F - -3 ----1RF-- -1R3 ---1R-1R-1R -1R3 ----CampiónCampión-- - -2 -------3ºF -2 -------1R3º -2 --4º-----4º -2 -4º------1R -2 - - - - - - - - -F1 ---1R---- - -1 ----1R--- - -1 -----4º-- - -14º------- - -1 --3º----- - -1 -Campión------ - -1 ---1R---1R - -1 ------1R- - -1 ----1R--- - -1 --1R----4º - -1 ------1R- - -1 -----3º-- - -1 - - - - - - - - -3º1 --1R----- - -1 - - - - - - - - -1R1 - - - - - - - -1R -1
1R: Eliminado na primeira rolda F: Finalista C: Campión
Estatísticas xerais EquipoPGEPGFGCDif 138232922+7 123181331-18 105322214+8 165381725-8 302123-13323557628+48 11425711-4 301205-5513143+1 5203550 320136-3 200229-7 321051+4 310228-6 10712268+18 1561820200 6123817-9 10901245+19 301204-4 302101-1 83231315-2 27116104443+1 6222117+4 120111332-29532093+6 5212107+33102330 7124912-320px|border 3003124-23 310235-2 5212880 105142213+9 165291925-6
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Copa Confederacións en FIFA.com Arquivo RSSSF
Categoría:Competicións da FIFA Categoría:Competicións internacionais de fútbol desaparecidas