Miyawaka (宮若市, みやわかし, Miyawaka-shi) é un concello da prefectura de Fukuoka no Xapón. Está situado ao norte da rexión de Kyūshū e no centro-norte da prefectura, na zona da provincia histórica de Chikuzen, na illa de Kyūshū. A súa superficie é de 139,99 km², a poboación é de 30.665 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 219 h/km².

O concello de Miyawaka limita cos concellos de Sasaguri, Hisayama, Koga, Fukutsu, Munakata, Kurate, Nōgata, Kotake e Iizuka.

Historia A cidade de Miyawaka foi fundada pola fusión de dous concellos das vilas de Wakamiya e de Miyata do distrito de Kurate no ano 2006.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Miyawaka .

Categoría:Prefectura de Fukuoka Categoría:Concellos do Xapón