miniatura|dereita|Busto de pedro Infante José Pedro Infante Cruz, nado en Mazatlán en 1917 e finado en Mérida en 1957, foi un actor e cantante mexicano.
Traxectoria Gozou de enorme sona durante a coñecida como Época de Ouro do Cinema Mexicano, así como tamén foi un dos grandes representantes da música ranchera. A partir de 1939 apareceu en máis de 60 filmes, e dende 1943 gravou aproximadamente 310 cancións. Pola súa actuación na película Tizoc, foi acredor ao Oso de Prata do Festival Internacional de Cinema de Berlín ao mellor actor principal e premio Globo de Ouro á mellor película estranxeira, outorgado pola prensa estranxeira acreditada en Hollywood.
Morreu o 15 de abril de 1957 en Mérida, Iucatán, nun accidente do avión que el mesmo piloteaba rumbo á Cidade de México.
Categoría:Músicos de México Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados no estado de Sinaloa Categoría:Finados en accidente aéreo Categoría:Actores de teatro de México Categoría:Actores de cinema de México