Kaizu (海津市, かいづし, Kaizu-shi) é un concello da prefectura de Gifu no Xapón. Está situado no centro da rexión de Chūbu e da rexión de Tōkai, e ao sur da prefectura, na zona da provincia histórica de Mino, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 112,31 km², a poboación é de 38.066 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 339 h/km².

O concello de Kaizu limita cos concellos de Yōrō, Wanouchi, Hashima (que son da prefectura de Gifu); Aisai, Inazawa (que son da prefectura de Aichi); Inabe e Kuwana (que son da prefectura de Mie).

Cidades irmandadas Avondale, Arizona, Estados Unidos (1993) Kirishima, prefectura de Kagoshima, Xapón (2006)

Personaxes de sona Matsudaira Katamori (松平 容保, まつだいら かたもり, 1836 - 1893) - Samurai e daimyō, o 9º e o último señor do dominio de Aizu.

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kaizu . Sitio web oficial da cidade de Kaizu .

Categoría:Prefectura de Gifu Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón