miniatura|dereita|O mamut, exemplar catalogado como megafauna. Megafauna (do grego μέγας mega-s, "grande" e do neolatín fauna, "animais") é un termo que se emprega en paleontoloxía para designar os grandes animais terrestres extinguidos que viviron unha vez finalizado o período cretáceo e até a extinción dos dinosauros.

Terminoloxía O termo megafauna foi empregado de diversos xeitos e evolucionou dentro de cada disciplina.

Megafauna do Plistoceno Úsase principalmente para referirse á megafauna do Plistoceno, os grandes animais terrestres da última idade de xeo, como os mamuts. dereita|miniatura|Mastodonte de entre 2,5 e 3 metros de altura até o ombreiro e un peso de entre 3500 e 5400 quilogramos. O uso do termo neste sentido está relacionado coa discusión sobre as extincións do Holoceno após a idade de xeo. A maioría dos grandes animais terrestres que estaban vivos hai 12.000 anos agora están extintos, e hai moita discusión sobre cales foron as causas. As dúas teorías principais son a caza por parte dos humanos e o cambio climático.Martin P.S. & Klein R.G. (eds) 1984. Quaternary extinctions: a prehistoric revolution. Tucson: Arizona University Press. Ambas razóns parecen explicar por que estes animais previamente "exitosos" agora están extintos.miniatura|Exemplar de Megatherium (megafauna marsupial). As aves elefante en Madagascar foron certamente cazadas até a súa extinción, ao igual que os moas hai aproximadamente cincocentos anos en Nova Zelandia. Os sitios arqueolóxicos con evidencia de caza de moa están por todo o arquipélago. Os moa sobreviviron a ser cazados pola aguia de Haast, pero non á caza por parte dos maorís.

Outros usos e novas definicións Tamén se utiliza para describir os maiores animais terrestres vivos, especialmente os elefantes, xirafas, hipopótamos, rinocerontes, alces, cóndores, entre outros.

Segundo Marcos Moleón investigador do Departamento de Zooloxía da Universidade de Granada, “para un biólogo que estuda os fondos mariños, por exemplo, a 'megafauna' pode ser un carangrexo ou unha lesma mariña; Para un especialista en solos, a 'megafauna' podería ser unha miñoca; Para un paleontólogo, 'megafauna' refírese a vertebrados que pesan máis ou aproximadamente o mesmo que un humano; e para algúns ecoloxistas terrestres só deberían clasificarse como 'megafauna' os 'megaherbívoros', é dicir, os herbívoros de máis dunha tonelada de peso."

Para definir a megafauna, os investigadores da UGR propuxeron que, alén do tamaño dos animais, se consideren as funcións ecolóxicas (impacto na estrutura do ecosistema, dispersión de sementes, modificación do hábitat...) e características específicas como a lonxevidade e as taxas de reprodución. Este enfoque busca proporcionar unha descrición máis precisa e completa da megafauna, fomentando a cooperación interdisciplinar e a conservación efectiva das especies.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Cretáceo Cambio climático Extinción en masa Extincións do Holoceno Fauna Idade de xeo Maiores animais extintos Megafauna do Plistoceno Paleoarte Paleontoloxía Plistoceno

Categoría:Paleontoloxía