Para a antiga moeda escocesa de ouro, véxase unicorn
O unicornio ou alicorno é unha criatura mitolóxica representada decote coma un cabalo ou cervo brancos, con patas de antílope, rabo de león, barba de chibo e un único corno na súa fronte. Trátase dun animal fabuloso protagonista de numerosas historias e lendas. Así, na Idade Media estaba considerado coma un animal marabilloso capaz de derrotar ao elefante, símbolo de poderío. Ademais, dicíase que co seu único corno podían purificarse as augas contaminadas para volvelas potábeis e curar enfermidades.
Antecedentes As primeiras versións do mito do unicornio son de Ctesias, médico e historiador grego do século V a. C., e datan do ano 400 a. C., no tempo das súas expedicións á India. Ctesias describiuno coma un animal silvestre da India coa aparencia dun cabalo, pero co corpo branco, a cabeza púrpura e os ollos de cor azul intensa.Nalgúns bestiarios descríbese como de cor verde ou de cor escura. O corno desta prodixiosa besta, segundo a descrición de Ctesias, era negro coa punta vermella e a base branca, e tiña propiedades medicinais que permitían sandar problemas estomacais, epilepsia ou envelenamentos.
Simbolismo O unicornio aparece nos bestiarios medievais baixo o nome de monoceros.El Fisiólogo, px. 107, e comentarios de Nilda Guglielmi nas pp. 163-166 (nota 169). Os Bestiarios describen diferentes animais reais xunto a animais imaxinarios, como o unicornio, e completan a descrición -moitas veces errónea- cunha reflexión moral sobre o que simboliza cada animal. Neste caso fano semellante a un macho cabrío.
No caso do unicornio, críase que representaba a Cristo, tal como afirmaban autoridades do cristianismo como san Ambrosio (século IV) ou san Isidoro (século VI - VII), baseándose na morfoloxía do animal: O seu aspecto, similar a un macho cabrío, representaría a Cristo feito a semellanza do pecado carnal. O seu pequeno tamaño viría dado pola humildade de Cristo cando asume a natureza humana. o seu único corno simbolizaría a unidade de Cristo co Pai. O sistema de caza, coa cabeza do animal pousada sobre o ventre dunha doncela virxe, aludiría á encarnación de Cristo no ventre de María.
Pero tamén se queren ver semellanzas no seu comportamento. Parece ser que era un animal tan esquivo que resultaba imposible darlle caza,Ata tal punto era esquivo e salvaxe que non quixo seguir a Noé ó interior da Arca de Noé e por iso morreu afogado, o que explica a súa extinción. salvo que se utilizara a seguinte argucia: unha doncela virxe esperábao sentada nun claro do bosque. O unicornio, atraído pola súa pureza,De feito, o unicornio tamén é símbolo da pureza e da virtude da castidade. achegábase e deitábase no seu colo, e só nese momento os cazadores podían matalo ou capturalo; outras versións din que, nese estado, a doncela acariñábao e podía levalo docilmente ata o palacio. Nesta forma de captura víase unha similitude con Cristo apresado a traizón polos xudeus e posteriormente sacrificado.
Pero á vez que símbolo de Cristo, tamén se interpreta como a personificación do Demo,El Fisiólogo, px. 164. que é vencido pola castidade da doncela. Tamén se ve na atracción do unicornio pola doncela un simbolismo sexual.
miniatura|Unicornios no escudo que preside o edificio da Fundación Camilo José Cela, en Iria Flavia, Padrón.
Antídoto contrea os velenos O corno do unicornio era un eficaz antídoto contra toda clase de velenos e, especialmente, contra o arsénico.<ref>El Fisiólogo, 163. Quintía Pereira, s. v. alicornio.</ref> A lenda conta que os distintos animais do bosque reuníanse ó redor de ríos e fontes para beber pero, como as augas podían estar envelenadas polo dragón, esperaban a que chegara o unicornio. Este entraba na auga e metía nela o corno, ou ben facía sobre ela o sinal da cruz, e a auga quedaba purificada para que puidesen beber todos. Vítor Vaqueiro recolle esta mesma lenda localizada en Santiago de Galegos (Navia de Suarna).V. Vaqueiro, s. v. alicornio.
miniatura|esquerda|200x200px|Escudo do Reino Unido
Por esta propiedade, o unicornio é un dos símbolos da farmacia, como representación da curación e rexeneración. Foi adoptado pola monarquía británica e forma parte do escudo do Reino Unido, xunto ó león. Desde o século XVII tamén está representado no escudo oficial da Society of Apothecaries inglesa.Equivalente ó noso Colexio Oficial de Farmacia.
Na medicina popular galega, o alicorno é un amuleto de gran poder preventivo e curativo contra diferentes enfermidades. Naturalmente, non se trata dun corno de unicornio senón de fragmentos de corno de cervo ou corzo, así como tam én de corno de boi; outros alicornos están fabricados con cairo de xabaril ou cunha mandíbula de vacaloura. En tódolos casos, son defensas do animal (hastas ou dentes), e de aí o carácter defensivo contra o mal.
Crese que no Castro Grande (Cerdedo Cotobade) corre un unicornio ó que chaman Besta Branca, e que conduce unha manda de eguas bravas. Pódese ver nas noites de luar.V. Vaqueiro, s. v. alicorno.
Idade Media miniatura|A comercialización de dentes de narval na Europa medieval contribuíu á lenda do unicornio.
Na Europa medieval, os viquingos procedentes da súa colonia en Groenlandia comercializaban dentes de narval, aos que facían pasar por cornos do unicornio. Críase que estes supostos cornos tiñan poderes máxicos, entre outros, a capacidade de curar envelenamentos e a melancolía, e por isto eles e outros comerciantes de orixe nórdica ás vece cobraban por estes cornos o seu peso en ouro.
Os dentes usábanse para facer copas, xa que se cría que podían neutralizar calquera veleno que estivese nunha bebida. Estas crenzas aínda perduraon plenamente entrado o Renacemento e así, cóntase que, durante o século XVI, a raíña Isabel I de Inglaterra adquiriu un dente de narval tallado e con xoias incrustadas polo que pagou 10 000 £, (que en 2007 terían un valor que oscilaría entre 1,5 e 2,5 millóns de £).
Decadencia do mito miniatura|Unicornio, narval e suposto unicornio fósil, comparados no Museum Museorum, en 1704.
A verdadeira orixe destes dentes foi desvelándose gradualmente durante a era dos descubrimentos, nos séculos XV e XVI, cando exploradores e naturalistas empezaron a visitar o Ártico. O primeiro en mencionar dalgunha forma o narval foi o escritor e eclesiástico sueco Olaus Magnus, que na súa principal obra, Historia de gentibus septentrionalibus, escrita en 22 libros sobre a xeografía, tradicións, costumes, asuntos eclesiásticos e xurídicos dos pobos escandinavos e publicada en 1555 en Roma, describe un animal chamado monoceros do que di que é "un monstro mariño que ten na súa fronte un gran corno, co que podía esnaquizar barcos e destruír moitas persoas".
Pero aínda no século XVIII se escribían cousas como esta, referida ao Museum Museorum'' (O Museo dos Museos):La licorne / The Unicorne
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Mitoloxía Narval Unicornio rosa invisíbel
Categoría:Criaturas da mitoloxía grega Categoría:Seres mitolóxicos Categoría:Símbolos de Escocia Categoría:Símbolos do Reino Unido