Nara (奈良市, ならし, Nara-shi) é un concello xaponés, capital da prefectura de Nara. Está situado no centro da rexión de Kinki, ao norte da prefectura, na illa de Honshu. A súa superficie é de 276,84 km², a poboación é de 365.805 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.320 hab./km².

O concello de Nara limita cos concellos de Ikoma, Yamatokōriyama, Tenri, Sakurai, Uda, Yamazoe (que son da prefectura de Nara); Seika, Kizugawa, Kasagi, Minamiyamashiro (que son da prefectura de Kyoto); e Iga (este último é da prefectura de Mie).

Nara foi a capital do Xapón durante o período Nara, entre 710 e 784, como sede do emperador antes de ser trasladada a Nagaoka-kyō, excepto durante os anos de 740 a 745, cando estivo en Kuni-kyō, Naniwa-kyō e o palacio de Shigaraki. Nara é a sede de oito importantes templos históricos, santurarios e lugares históricos, especialmente Tōdai-ji, Saidai-ji, Kōfuku-ji, Kasuga Shrine, Gangō-ji, Yakushi-ji, Tōshōdai-ji e o palacio de Heijō que, xunto co bosque primario de Kasugayama, constitúen o conxunto de Monumentos históricos da Antiga Nara, patrimonio mundial da UNESCO.

Cidades irmandadas Gyeongju (1970) Kōriyama (1971) Obama (1971) Toledo (1972) Xi'an (1974) Versalles (1986) Canberra (1993) Dazaifu (2002)

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Nara . Sitio web oficial da cidade de Nara .

Categoría:Prefectura de Nara Categoría:Concellos do Xapón