A Comarca do Eo-Navia é unha das oito comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial en que está dividido o Principado de Asturias para os efectos de homoxeneización espacial dos datos procedentes dos concellos nas estatísticas rexionais.

Aínda que o Estatuto de Autonomía de Asturias prevé a división do territorio asturiano en comarcas, estas aínda non foron desenvolvidas oficialmente.

Todos os seus concellos excepto Valdés forman parte da coñecida como Terra Eo-Navia, na que se fala galego eonaviego.

Concellos Boal Castropol Coaña Eilao El Franco Grandas de Salime Navia Pezós San Martín de Ozcos Santalla de Ozcos Santiso de Abres Tapia de Casarego Taramundi Valdés A Veiga Vilanova de Ozcos Villaión

Eo-Navia