Vicente Araguas Álvarez, nado en Xuvia (Neda) o 24 de setembro de 1950, é un músico e escritor galego, un dos fundadores en 1968 do grupo Voces Ceibes.

Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Inglesa na facultade de Filosofía e Letras de Santiago de Compostela, doutorándose o 27 de novembro de 2014 na Universidade da Coruña. En 1968 deu os seus primeiros recitais como cantautor, ao tempo que participou nas manifestacións universitarias que se realizaron nese ano en Santiago de Compostela. No seu primeiro disco (1968) gravou as cancións Agora, Poema triste, A cea e Os corpos (texto de Alfredo Conde). No segundo disco (1970) gravou O camaleón e A Léo Ferré, compañeiro e participou no disco colectivo Cerca de mañana (1972).

Participou no histórico recital do 26 de abril de 1968 na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, 2000 persoas, con Xavier del Valle, Xerardo Moscoso, Benedicto e Guillermo Rojo. Vicente Araguas interpretou Comunión, A cea e Eles non sabían cantar. Participou na reunión do Hotel Compostela de Santiago na que xorde Voces Ceibes. Tamén participou no recital do 1 de decembro de 1968 no cine Capitol de Santiago.

No curso 1972-1973 deu clases de lingua castelá en Glasgow, e foi alí onde comezou a escribir os seus primeiros poemas que formarán Paisaxe de Glasgow. Desde setembro de 1974 reside en Madrid en Majadahonda.

Entre 2022 e 2025 viviu na República Checa (Olomouc e Praga), mentres mantiña unha relación sentimental coa súa tradutora, a poeta Klára Goldstein.

É profesor emérito no centro educativo Logos (en Las Rozas de Madrid). Comparte este labor co de crítico literario en Leer e Revista de Libros e columnista en Diario de Ferrol, La Región e El Correo Gallego. Por esta última actividade acadou o Premio Reimóndez Portela de Xornalismo. Os seus poemas están en diferentes escolmas de poesía galega, a última, Poetízate, tendo sido traducido ao italiano por Emilio Coco e Sabrina Lembo, ao catalán por Manuel Costa-Pau e ao inglés por Mike Warren-Piper. Acadou igualmente o Premio Patrimonio Musical de Galicia. Dirixe a revista OLGA, de Poesía Galega en Madrid, fundada por Sabino Torres e comandada por Rafa Yáñez e Manuel Pereira Valcárcel. No curso 2017-2018 impartiu un ciclo monográfico na Universidade Complutense sobre "El adulterio femenino en la novela del XIX". Ditando no curso 2018-2019, tamén na UCM, outro acerca de "Mayo del 68: la música y la letra".

Obra en galego Poesía Paisaxe de Glasgow (1978). Vigo: Edicións Castrelos. Ás veces en domingo abonda coa tenrura (1980). Vigo: Edicións Castrelos. Poemas pra Ana Andrea (1982). Madrid: Editorial Analecta, Alecrín 1. Ilustracións: Amparo Baliño, Gerard Vautherin, Emilio Zaldivar; fotografía: José Espallargues. ISBN 84-85352-03-3. Xuvia (1984). Brais Pinto. Cuadernos da Gadaña, poesía. ISBN 978-84-85171-08-8. Caleidoscopio (1988). Edicións Río Xuvia. ISBN 978-84-87031-00-7. Oficio de ollar (1992). Librería Anticuaria El Guadalhorce. Campo santo (1994). Pontedeume: Imprenta López Torre. En colaboración co gravador portugués Manuel Patinha. O gato branco (1995). Culleredo: Espiral Maior. 76 páxs. ISBN 9788488137708. Billarda (1999). Huerga y Fierro. 112 páxs. ISBN 9788483741047. (antoloxía de poemas, galego-español). Prólogo de Fermín Bouza Brey. Río Matinal (2000). Culleredo: Espiral Maior. ISBN 9788495625038. Maneiras de querer (2005). Culleredo: Espiral Maior (poesía completa). ISBN 978-8496475137. Xuvia revisitada (2008). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán, Col. Esquío. 80 páxs. ISBN 978-84-95289-99-5. Cando fóramos nevar (2013). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle-Inclán, Colección Soláster. 72 páxs. ISBN 978-84-92597-28-4. Hai tanto que non estabas/Hace tanto que no estabas (2017). Amargord. 144 páxs. ISBN 978-84-16762-83-5. O amor non se fala soamente (Ronsel do 68) (2020). Medulia. 42 páxs. ISBN 978-84-120579-7-3 Ronsel de prata vella (2023). Editorial Juglar. 54 páxs.ISBN 978-84-127756-1-7 O primo Basilio volveu a Lisboa (2025). Editorial Juglar. 58 páxs. ISBN 978-84-129548-9-0

Ensaio Voces Ceibes (1991). Vigo: Xerais. 226 páxs. ISBN 9788475075853. Miudiño, Escolma (2001-2012) (2013). Ferrol: Edicións Embora. 120 páxs. ISBN 978-84-92644-59-9. Manuel María: un home de mil pezas (2016). Xerais: Edicións Embora. 64 páxs. ISBN 978-84-16456-27-7.

Narrativa Agora xa foi (2000). Santiago: Laiovento. Novela. En 2015, Ed. Embora, ISBN 978-84-16456-16-1. A canción do verán (2001). Vigo: Ir Indo. 210 páxs. ISBN 9788476803585. Novela. Xuvia-Neda (2010). Vigo: Xerais. 128 páxs. ISBN 978-84-9914-101-5. Relatos. Versión en castelán de Andrea Araguas Baliño (2013). Huerga y Fierro. Través do trebón (2020). Belagua. ISBN 978-84-949517-8-7. Novela. O lugar onde vou (2022). Vigo: Galaxia. 168 páxs. ISBN 978-84-9151-909-6. Relatos coa peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable.

Obras colectivas Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco. Celso Emilio Ferreiro: Unha fotobiografía (1989). Xerais. Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Ediciós do Castro. Comercial. Poesía galega en Madrid (1998). Edicións Río Xuvia. Poesía. A poesía é o gran milagre do mundo (2001). PEN Clube de Galicia. Poesía. Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega. Poesía. Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney. Poesía. Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais. Relato. Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior. Poesía. Seis ferroláns (Vicente Araguas, "Semana Santa Ferrolana") (2003). Edicións Embora. Relato. Xela Arias, quedas en nós (2004). Xerais. Poesía. Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia. Poesía. Poetes gallecs d´avui (antoloxía), Fátima Rodríguez e Xabier Queipo, antologuistas; Costa-Pau Manuel, tradutor (2008). Libres del Segle. Poesía. VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012). Deputación da Coruña. Crítica literaria. Banqueiros (2012). Laiovento. Bilbao. Antoloxía de poesía galega en Madrid (2012). Amargord. Poesía. Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012). Poesía. Filografias (2013). Lastura. Esferografías, Xavier Frías Conde (coord.) (2014). Lastura. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico. Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016). Fervenza. Os aforismos do riso futurista (Autores galegos polo aforismo). Francisco Pillado e Xavier Seoane (Coords.) (2017). Edicións Xerais.

Traducións As aventuras de David Balfour, de Robert Louis Stevenson (1986). Xerais (narrativa). Retrato do artista cando novo, de James Joyce (1994). Laiovento (narrativa). Traballo de campo, de Seamus Heaney (1996). Xerais (poesía).

Obra en castelán Poesía Venticuatro maneras de querer a Brian / Vintecatro maneiras de querer a Brian (2008). Huerga y Fierro Ed. 64 páxs. ISBN 9788483747056. (edición bilingüe, español-galego). Guarda che luna! (2013). Libros de Ariadna. 142 páxs. ISBN 978-84-615-0789-4. (!Mira que luna!) No se llora con la boca llena (Como un verano en Neda) (2014). Sial/ Pigmalión (trad. ao italiano por Sabrina Lembo Non se piange con la bocca piena (Come un´estate a Neda), 2016, Lepisma) Soleá (2016). Sial/ Pigmalión. La lluvia en el mar. Una antología de poesía gallega contemporánea (2018). Sial/ Pigmalión. (Edición bilingüe) Ayer y todavía (2019). Sial/ Pigmalión. Basilio de Brito ha vuelto a Lisboa (2020). Sial/ Pigmalión. 50 páxs. ISBN 978-8418333231. Que voy de vuelo (2023) Sial/ Pigmalión. 55 páxs. ISBN 978-84-19370-95-2 El deseo aislado (Poesía 2010-2024) (2024), Sial/ Pigmalión. 372 páxs. ISBN 978-84-19928-95-5 No se haga daño a los cucos (2025), Sial/ Pigmalión. 76 páxs. ISBN 979-13-87785-56-7. Segundo o autor, este é o quinto libro dunha pentaloxía que comezaran Que voy de vuelo (2023), Ronsel de prata vella (2023), Solealba (inédito) e Variaciones Goldstein (inédito).

Narrativa Ada y los ratones colorados (2013). Edicións Embora. Ilustracións: Carmen Fernández Cornejo. Nos dio por llorar mientras llovía (2014). Lastura. Relatos. Ada pierde la cabeza/ Ada perde a cabeza/ Ada loses her head (2015). Sial/ Pigmalión. Iliustracións: Carmen Fernández Cornejo. (Premio Escriduende, Feria del Libro, Madrid, 2015). Los pavos trufados (2018). Lastura. Relatos Viaje al país de la luna (Amadeo I) (2022) Sial/ Pigmalión. Novela.. Quisiera echarte más de menos (pero no puedo) (2026) Sial/ Pigmalión. Novela.

Ensaio El mundo poético de Bob Dylan (2017). Sial/ Pigmalión Enseñando Poesía en la Escuela (2024) Magíster/ Pigmalión..

Obras colectivas Poesía gallega de hoy (1990). Visor. Fin de un milenio (1991). Ediciones Libertarias. Poesía. A los cuatro vientos (2010). En colaboración con José Ignacio Cadenas, Limam Boicha, Antonio Polo e Juan Antonio Cadenas. Ariadna. Poesía. Huevos revueltos (2012). En colaboración con José Ignacio Cadenas, José Ángel F. Colón, Antonio Polo, Juan Antonio Cadenas. Ariadna. Narrativa breve (Vicente Araguas, El mundo erótico del sexo). Los mejores poemas de amor, Antonino Nieto (coord) (2013). Pigmalion.

Traducións Antología poética, de Celso Emilio Ferreiro (1994). Visor (poesía). Galván en Saor, de Darío Xohán Cabana (1996). Huerga y Fierro (narrativa).

Verano, de Derek Walcott (1999). Huerga y Fierro (poesía). Antología, de Nuno Júdice (2003). Visor (poesía). Antología poética, de Mário Cesariny (2004). Visor (poesía). El viajero afortunado, de Derek Walcott (2003). Huerga y Fierro (poesía). Quiebros, de Vittorio Gassman (2006). Visor (poesía). Poemas de amor para mujeres borrachas, de Alberto Calligaris (2012). Huerga y Fierro (poesía). El primo Basilio, de Eça de Queiroz (2022), Sial/ Pigmalión (novela).

Obra noutros idiomas

Racčí srdce (2025), antoloxía en checo onde se recollen poemas publicados en castelán e galego en Vintecatro maneiras de querer a Brian, Ayer y todavía, Variaciones Goldstein e En la hora violeta. A tradución fíxoa a poeta Klára Goldstein, coa que Araguas mantiña naquel tempo unha relación sentimental. Non se piange con la bocca piena (Come un´estate a Neda), (2016, Lepisma) tradución ao italiano por Sabrina Lembro. Basilio de Brito voltou a Lisboa, tradución ao portugués por Viale Moutinho.

Música Poema triste / Agora / Os corpos/ A cea (1969). Edigsa. EP. En Os corpos colaborou Alfredo Conde.

O Camaleón / A Leo Ferré compañeiro (1972). Edigsa. EP.

Cerca de mañana (1972). Disco colectivo, no que participa con A baraxa.

Premios Premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela (2007) do Concello da Estrada. 2020: Premio Internacional de Literatura Gustavo Adolfo Bécquer por Basilio de Brito ha vuelto a Lisboa e o conxunto da súa obra. 2012: Patrimonio musical de Galicia. 2006: Pedrón de Honra. Insignia de Ouro de Ferrol. 2008: Fillo Predilecto de Neda.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Perfil en As escollas electivas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Voces Ceibes Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Nados en Neda Categoría:Nados en 1950 Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Novelistas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Poetas en lingua castelá