miniatura|Panthera spelaea. O león das cavernas (Panthera spelaea) é unha especie extinta do xénero Panthera que viviu en Eurasia durante o Plistoceno. É coñecida grazas aos achados en fósiles e máis ás representacións na arte prehistórica.

As súas dimensións eran maiores cás do león actual e se cadra foi un dos felinos máis grandes que existiron tan só por tras do ligre, un híbrido de león con tigresa. O león das cavernas era un 25% maior cós leóns africanos, acadaban os 3 metros de lonxitude e os machos pesaban entre 270 e 320 kg namentres que as femias pesaban 175 quilos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Felinos prehistóricos, no Messybeast Cat Resource Archive. León americano, por C. R. Harrington, no Yukon Beringia Interpretative Center. The mammoth and the flood, volume 5, capítulo 1, por Hans Krause. Hoyle and cavetigers, do Dinosaur Mailing List. (Groiss) Interacción entre o León das Cavernas Europeo e os Homes primitivos

Categoría:Prehistoria Categoría:Félidos Categoría:Especies extintas Categoría:Fósiles descritos en 1810