O Teatro Coliseo Noela é un teatro noiés inaugurado en 1921 no que se realizan representacións teatrais, concertos, cinema, congresos, e danza.
Historia Sito na vila coruñesa de Noia e con capacidade para 342 persoas, o Teatro Coliseo Noela construíuse a iniciativa de 3 particulares e inaugurouse o 24 de abril de 1921.
Até o ano 1966 o edificio destinarase a zarzuelas, concertos, teatro e conferencias. Ese ano o edificio alúgase e durante vinte anos servirá como cine até o seu peche en 1986.
Despois, a través de xestións feitas polo Concello, conseguiuse financiamento para a compra do edificio e restaurouse seguindo un proxecto do arquitecto Juan Roade Rodríguez. Tras a rehabilitación, o edificio abriu as súas portas de novo o 23 de xullo de 1999.
Categoría:Teatros de Galicia Categoría:Noia Categoría:Noia sen imaxes