Shijōnawate (四條畷市, しじょうなわてし, Shijōnawate-shi) é un concello xaponés da prefectura de Osaca. Está situado ó suroeste da prefectura, na zona norte da provincia histórica de Kawachi, no centro da rexión de Kinki, e no centro da illa de Honshu. A súa superficie é de 18,74 km², a poboación é de 57.335 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 3.060 hab./km².

O concello de Shijōnawate limita cos concellos de Katano, Neyagawa, Daitō (que son da prefectura de Osaca); e Ikoma (este último é da prefectura de Nara).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Shijōnawate .

Shijonawate Shijonawate