Cervera é un municipio catalán, pertencente á provincia de Lleida. É a capital da comarca da Segarra, situada no centro da parte meridional da comarca, no val do río Ondara.

Demografía Entidades de poboación

Entidades Poboación (2005) La Cardosa 4 Castellnou d'Oluges 52 Cervera 8.817 Malgrat 5 La Prenyanosa 14 Vergós 50

Evolución demográfica 1900 1930 1950 1970 1981 1986 2008 4.350 4.554 5.216 5.773 6.4446.5459.247

Comunicacións En Cervera enlazan o Eix Transversal (C-25) coa autovía A-2 de Madrid a Francia. Posúe tamén estación de ferrocarril (liña Barcelona-Lleida-Madrid).

Historia Converteuse en municipio en 1182, e en 1702 obtivo o título de cidade. Entre 1700 e 1715, no marco da Guerra de Sucesión española, Cervera decantouse de parte de Filipe V e tras a vitoria borbónica converteuse na cabeza de correxemento e obtivo numerosos privilexios. Así, cos logo dos Decretos de Nova Planta estableceuse en 1717 a Universidade de Cervera (1717-1842). Os seus profesores converteron a cidade nun foco de revoltas e conspiracións absolutistas e carlistas na primeira metade do século XIX.

Logo da chegada dos liberais ao poder por mor da morte de Fernando VII en 1833, a Universidade de Cervera trasládase a Barcelona, así como a de Alcalá de Henares trasladouse a Madrid para converterse en Universidade Central.

Lugares de interese miniatura|Rúas interiores de Cervera|300px Praza Maior porticada Concello (Paeria), de estilo barroco Igrexa de Santa María, ss. XIV-XV, de estilo gótico Antiga Universidade de Cervera, de estilo neoclásico Igrexa románica de Sant Pere o Gros, de planta circular, nos arredores da cidade. Museu do Blat i a Pagesia Museu Duran i Sanpere, arqueolóxico e de historia local. Monumento á Generalitat de Catalunya Carreró de les Bruixes

En Vergós Castelo Igrexa da Magdalena Igrexa de Santa María

Festas de interese Santo António Abade, 17 de xaneiro Cantada de Completes, 5 de febreiro Festa Maior do Santísimo Misterio, 6 e 7 de febreiro A Paixón, meses de marzo e abril Festa de Sidro Labrego, 15 de maio Sant Magí, 18 e 19 de agosto Festa da Aquelarre, última fin de semana do mes de agosto Festa Maior do Santo Cristo, 4º fin de semana de setembro

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina web do Concello de Cervera