Christopher Allen Lloyd, nado en Stamford (Connecticut) o 22 de outubro de 1938, é un actor estadounidense. Adquiriu sona polos seus papeis de secundario en filmes como Alguén voou sobre o niño do cuco, Back to the Future ou The Addams Family.

Traxectoria Primeiros anos miniatura|esquerda|185px|Lloyd na escola secundaria en 1955. Christopher Lloyd naceu en Stamford, Connecticut, e é fillo de Samuel R. Lloyd (un avogado), e da cantante Ruth Lapham (irmá do alcalde de San Francisco, Roger Lapham). O seu avó materno, Lewis Lapham, foi un dos fundadores da compañía de combustíbel Texaco.Christopher Lloyd Takes On Willy Loman . Articles.courant.com. Lloyd tamén é descendente do pasaxeiro do Mayflower John Howland.Famous Descendants of Mayflower Passengers. Mayflowerhistory.com. Consultado o 11-02-2024. Asistiu á The Fessenden School, unha prestixiosa escola preparatoria en Newton, Massachusetts. Medrou en New Canaan e Westport, onde en 1958 se graduou na Staples High School.

A súa nai, herdeira da fortuna dos Lapham, doou o fogar ancestral da súa familia, Waveny Park, á vila de New Canaan.

Carreira como actor Christopher Lloyd comezou a actuar con 14 anos como aprendiz durante un verán. Tomou clases en Nova York con 19 anos, algunhas no Neighborhood Playhouse xunto a Sanford Meisner. Apareceu en varios musicais de Broadway, incluíndo Happy End, A Midsummer Night's Dream, Red, White and Maddox, Kaspar, The Harlot and the Hunted, The Seagull, Total Eclipse, Macbeth, In the Boom Boom Room, Cracks, Professional Resident Company, What Every Woman Knows, And They Put Handcuffs on the Flowers, The Father, King Lear e Power Failure.

O primeiro papel importante de Lloyd nas películas foi o dun paciente psiquiátrico en Alguén voou sobre o niño do cuco. Porén, pode ser máis lembrado polos seus papeis como Reverendo Jim Ignatowski, o ex-hippy taxista na serie Taxi, e o excéntrico inventor "Doc" Emmett Brown na triloxía de Back to the Future. Tamén desempeñou papeis notábeis como o comandante Kruge Klingon en Star Trek III: The Search for Spock, o profesor Dimple nun episodio de Road to Avonlea, ou o tío Fester en The Addams Family.

Apareceu nun xogo para PC de 1996, chamado Toonstruck, no cal actuou de protagonista transportado nun mundo de debuxos animados, e tamén foi un personaxe regular na sitcom de Pamela Anderson, Stacked. Lloyd fixo numerosos papeis en programas de televisión durante a súa carreira. Por exemplo, nun episodio de Malcolm in the Middle, onde interpreta ao excéntrico avó paternal de Malcolm. Tamén interpretou ao Constitucionalista Lawrence Lessig (o cal na vida real é vinte e tres anos máis novo ca Lloyd) nun episodio da sexta tempada de The West Wing.

Moitos dos seus papeis parecen orientarse cara á revelación cómica, así como hiperactivo cos personaxes do Reverendo Jim ou do Dr. Emmett Brown, ou como conservadores tensos por exemplo en The Dream Team and Mr. Mom. Lloyd demostrou carácter considerábel como actor dramático, en películas tales como Things to Do in Denver When You're Dead, como un personaxe leproso e enxeñoso. Lloyd foi Chevalier knighted de l'Ordre du Corbeau (literalmente cabaleiro da orde do corvo) en Bélxica no BIFFF (Festival internacional de Bruxelas das películas fantásticas) o 12 de abril de 2007. Apareceu en persoa, respondeu as preguntas da audiencia e asinou artigos seleccionados.

O 4 de xuño de 2007, Lloyd apareceu durante a abertura de Microsoft TechEd 2007 como o personaxe do Dr. Emmett Brown de Back to the Future, como gancho cómico para Bob Muglia, primeiro vicepresidente de Microsoft.

No ano 2010, Lloyd prestouse como actor de voz no videoxogo de Telltale Games Back to the Future: The Game, onde de novo encargouse de interpretar ao doutor Emmett Brown.

Seguindo esta liña, no 2011 foi contratado como o personaxe do Dr. Emmett Brown de Back to the Future pola empresa arxentina de electrodomésticos Garbarino, para facer unha campaña publicitaria e, a pedido del, ver tango. O soldo cobrado (200 mil dólares estadounidenses) doouno á fundación de Michael J. Fox.Campaña publicitaria del "Doc" Emmett Brown es un éxito en Argentina. Clarin.com Tamén traballou para Nike, na campaña Back for the Future en beneficio á fundación do seu amigo Michael J. Fox.

Vida privada Christopher Lloyd raramente aparece en público ou é entrevistado. Algúns dos seus mellores amigos, coestrelas e seguidores que o coñeceron descríbeno como un home moi tímido e tranquilo. Estivo casado catro veces pero nunca tivo fillos. Actualmente está divorciado. O seu sobriño, Sam Lloyd, é coñecido por interpretar a Ted Buckland, o avogado na serie Scrubs. En novembro de 2008, a súa casa de Montecito, California, foi destruída no incendio de Montecito Tea.California: quemada casa de Christopher Lloyd. Lanacion.cl. Consultado o 11-02-2024.

No ano 2009, nunha entrevista durante a proxección da triloxía de Back to the Future en Hollywood, preguntáronlle a Lloyd cal das películas de Back to the Future era a súa favorita. O actor respondeu: "a terceira, porque é un western e son fanático dese xénero, e segundo, porque ten unha historia de amor. Sempre quixera estar nunha historia de amor e nesta tiven a posibilidade de estar no medio dunha". Case un ano despois, asistiu ao Tampa Theatre nunha proxección de Back to the Future, onde volveu ser entrevistado. En maio de 2014 participou como convidado especial no Cómic Con Chile asinando autógrafos e fotografándose cos seus fans.

Filmografía Cinema e televisión Ano Filme Papel Notas 1970 Airport Patron na cea 1975 Alguén voou sobre o niño do cuco Max Taber 1978 Goin' South Deputy Towfield Taxi (TV) Reverendo Jim Ignatowski Three Warriors Steve Chaffey 1979 The Onion Field Avogado do cárcere The Lady in Red Frognose 1981 The Legend of the Lone Ranger Maj. Bartholomew 'Butch' Cavendish 1983 Mr. Mom Larry To Be or Not to Be Capitán das S.S. Schultz 1984 Cheers (TV) Phillip Semenko Episodio "I'll Be Seeing You" (tempada 2, episodio 21) Star Trek III: The Search for Spock Klingon Commander Kruge The Adventures of Buckaroo Banzai Across the 8th Dimension John Bigbooté National Lampoon's Joy of Sex Coach Hindenberg 1985 Back to the Future "Doc" Emmett L. Brown Clue Profesor Plum Street Hawk (TV) Anthony Corrido 1986 A aventura máis milagrosa endexamais contada Harry 1987 Walk Like a Man Reggie Shand / Henry Shand 1988 Ruta 29 Henry Henry Quen enganou a Roger Rabbit? Xuíz Doom Eight Men Out Bill Burns 1989 The Dream Team Henry Sikorsky Regreso ó futuro II "Doc" Emmett L. Brown 1990 Back to the Future Part III "Doc" Emmett L. Brown Why Me? Bruno Daley DuckTales the Movie: Treasure of the Lost Lamp Merlock Voz 1991 Back to the Future: The Ride "Doc" Emmett L. Brown Back to the Future: The Animated Series Doc Emmett L. Brown Suburban Commando Charlie Wilcox The Addams Family Tío Fester Addams 1992 Amazing Stories: Book Two (TV) Profesor B.O. Beanes Road to Avonlea (TV) Profesor Dimple T bone 'N' Weasel William 'Weasel' Weasler Dead Ahead: The Exxon Valdez Disaster | Frank Iarossi

| rowspan="3"| 1993 | Dennis the Menace| Switchblade Sam

| Addams Family Values| Tío Fester Addams

| Twenty Bucks| Jimmy

| rowspan="6"| 1994 | Angels in the Outfield| Al "The Boss" Angel

| Camp Nowhere| Dennis Van Welker

| O gardián das palabras| Mr. Dewey / The Pagemaster

| In Search of Dr. Seuss| Mr. Hunch

| Radioland Murders| Zoltan: Eccentric

| Felidae Joker Na dobraxe inglesa 1995 Rent-a-Kid Lawrence 'Larry' Kayvey Deadly Games Jordan Kenneth Lloyd / Sebastian Jackal Things to Do in Denver When You're Dead Pieces 1996 Cadillac Ranch Wood Grimes Toonstruck Drew Blanc 1997 Quicksilver Highway Aaron Quicksilver Anastasia Grigorii Rasputín Voz Angels in the Endzone Al "The Boss" Angel The Real Blonde Ernst 1999 My Favorite Martian Tío Martin Alice in Wonderland O Cabaleiro Branco Baby Geniuses Heep Convergence Morley Allen Man on the Moon Jim Ignatowski,Taxi Remake Spin City Owen Kingston It Came From the Sky Jarvis Moody 2001 Wit Doutor Harvey Kelekian When Good Ghouls Go Bad Tío Fred Walker Kids World Leo 2002 Interstate 60 Ray Wish You Were Dead Bruce Hey Arnold!: The Movie Coroner Cyberchase (TV) Hacker Voz The Big Time (TV) Doc Powers 2003 Haunted Lighthouse Cap'n Jack Tremors (TV) Cletus Poffenberger 2004 I Dream (TV) Profesor Toone Malcolm in the Middle (TV) Hal's Father 2005 Stacked (TV) Profesor Harold March Here Comes Peter Cottontail: The Movie Seymour S. Sassafrass Bad Girls From Valley High Mr. Chauncey The West Wing (TV) Lawrence Lessig 2006 A Perfect Day (TV) Michael Valerie on the Stairs (TV) Everett Neely Episodio de Masters of Horror 2007 Numb3rs (TV) Ross Moore 2008 Law & Order: Criminal Intent (TV) Carmine Episodio "Vanishing Act" Fly Me to the Moon Avó The Tale of Despereaux Hovis 2009 Meteor (TV) Dr. Lehman Knights of Bloodsteel (TV) Tesselink Call of the Wild Avó Bill Hale Foodfight! Mr. Clipboard Santa Buddies Stan Cruge 2010 Piranha 3-D Mr. Goodman Snowmen The Caretaker Chuck (TV) Doutor Leo Dreyfus Episodio S03E16: "Chuck Versus the Tooth" Jack and the Beanstalk Headmaster Back to the Future: The Game Doctor Emmett "Doc" Brown Videoxogo The Witches of Oz Mago de Oz 2011 Fringe (TV) Roscoe Joyce Episodio: "O vagalume" Love, Wedding, Marriage Dr. George Last Call Pete 2012 Piranha 3DD Mr. Goodman Thicker Augustine Excuse Me For Living Lars 2-Headed Shark Attack Mr. Goodman

Videoxogos Ano Título Papel 1994 Rescue the Scientists Tenente Jack Tempus 1996 Toonstruck Drew Blanc 2004 Back to the Future Video Slots Dr. Emmett "Doc" Brown 2010–2011 Back to the Future: The Game Dr. Emmett "Doc" Brown2015 Lego Dimensions Dr. Emmett Brown King's Quest Rey Graham (ancián) 2020 Kingdom Hearts III Re:Mind Mestre Xehanort

Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de Connecticut Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Stamford, Connecticut Categoría:Nados en 1938 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa