Castejón é un municipio de Navarra, no meiriñado de Tudela, a 78 km da capital provincial, Pamplona. Limita cos concellos de Valtierra ao norte, Tudela ao leste e ao sur, con Corella ao suroeste, e co concello rioxano de Alfaro ao oeste.

Castejón, á beira dereita do río Ebro e a un paso da Rioxa, tivo un castelo que se cita xa no século XII. Por aí pasaba o camiño real de Pamplona a Madrid, con servizo de barca e barqueiro para o cruzamento do río. Logo, na segunda metade do século pasado, escolleuse este punto como nó dos ferrocarrís do Nordeste de España. Con iso a poboación foi crecendo, ata que en 1927 deixou de ser barrio de Corella e foi declarado municipio independente.

Demografía

Monumentos Igrexa parroquial de San Francisco Xavier Museo do ferrocarril Antiga fábrica fariñeira Ponte "Sancho o maior" Antiga Casa de Quirós

Festas Festas da Virxe do Amparo, do 27 de xuño ao 2 de xullo, ambos incluídos. Festas de inverno, última fin de semana de novembro ou primeiro de decembro. Festas da xuventude, en marzo ou abril.

Ligazóns externas Web oficial de Castejón