Navalmoral de la Mata é unha localidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Segundo o INE, en 2007 tiña 16.931 habitantes. Situación Atópase ao nordés da provincia, a 120 km da cidade de Cáceres e a tan só 180 km ao oeste da capital de España, Madrid. É a cabeceira de comarca do Campo Arañuelo.
Demografía Ao longo do século XX o número de habitantes foi aumentando, fóra dos anos 20. Neste táboa recóllese a evolución demográfica do século XX tomando como referencia os datos que aparecen na páxina web de Navalmoral de la Mata.Concello de Navalmoral
Evolución demográfica de Navalmoral de la Mata no século XX 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 4.504 5.414 4.811 5.550 6.831 7.273 9.073 9.706 12.922 15.211
Na última década, a poboación sufriu lixeiras diminucións entre 1998 e 2001 das que se recuperou posteriormente, tal e como nos mostran os datos do Instituto Nacional de Estadística.
Evolución demográfica de Navalmoral de la Mata entre 1996 e 2006 1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 15.819 14.874 14.934 14.838 14.993 15.233 16.382 16.856 17.145 17.099
Respecto da poboación estranxeira, esta representa un 6% do total de habitantes que residen na localidade. Dos 875 estranxeiros, máis da metade proceden de Marrocos(73%), seguidos de colombianos, portugueses, arxentinos, dominicanos e así ata un total de 25 nacionalidades distintas conviven xunto coa poboación española. A continuación, preséntanse os países de procedencia dos inmigrantes que viven en Navamoral de Mátaa, así como o número de persoas pertencentes a cada país.
País Nº persoas Marrocos 645 Colombia 49 Portugal 31 Arxentina 28 República Dominicana 19 Francia 14 Senegal 14 Estados Unidos 13 China 40 Ecuador 9 Brasil 7 Alxeria 6 Chile 5 Suíza 5 Italia 4 Venezuela 3 Alemaña 2 Cuba 2 Ucraína 2 Andorra 1 Bahrain 1 Corea do Norte 1 Filipinas 1 Países Baixos 1 Polonia 1 Total 904
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Concello de Navalmoral Guía Turística de Navalmoral Información sobre Navalmoral de la Mata na páxina web do Colexio Público Campo Arañuelo Joaquín Web Navalmoral Fútbol Sala Navalmoral.net
Categoría:Concellos da provincia de Cáceres