Chámase iconoloxía á póla da simboloxía e da semioloxía que estuda as denominacións visuais da arte, por exemplo a representación das virtudes, vicios e outras cousas morais ou naturais, coa figura ou aparencia de persoas.

Características Por extensión, trátase da ciencia que estuda as imaxes, emblemas, alegorías e monumentos con que os artistas representaron aos personaxes mitolóxicos, relixiosos ou históricos, e diferénciase da iconografía en que esta ten por fin a sinxela descrición de imaxes, mentres que a iconoloxía estúdaas en todos os seus aspectos, compáraas e clasifícaas, chegando ata formular leis ou regras para coñecer a súa antigüídade e diversos significados e interpretacións.

A iconoloxía considerada en toda a súa amplitude pode dividirse en tres pólas en razón do obxecto representado:

Iconoloxía pagá. Comprende as imaxes propias da idolatría ou relixións non cristiás. Iconoloxía profana ou civil. Comprende as figuras de personaxes históricos que non sexan obxecto de culto relixioso. Iconoloxía relixiosa. Refírese a Deus, aos anxos, santos e outras imaxes procedentes da relixión.

Véxase tamén Outros artigos Erwin Panofsky, o fundador da iconoloxía como disciplina académica. Santiago Sebastián, representante desta escola en España

Categoría:Semiótica Categoría:Estética