La Bañeza é un concello español da provincia de León, na zona noroccidental da comunidade autónoma de Castela e León. Capital da comarca de Tierra de La Bañeza, ao sopé da serra do Teleno. É tamén cabeza de partido xudicial. A súa poboación é de 10.068 habitantes (INE, 2021).

Zona de asentamento ástur, o seu territorio foi parte do Conventus Asturum durante a dominación romana. A poboación xurdiu por orde do Conde Gatón no século IX, a partir de dous núcleos, San Pedro de Périx e Bani Eiza. Sede dun Marquesado durante a Idade Moderna, a finais do século XIX comezou a súa transformación económica e urbana, dando lugar a un dos núcleos máis importantes da provincia.

Dentro da súa actividade económica destaca a industria alimentaria, grazas á presenza da azucreira, e o sector servizos, debido á súa posición como importante centro comarcal. Ao longo do ano teñen lugar varias celebracións de notable participación cidadá, como o Entroido, a Semana Santa e as festas patronais, durante as cales se celebra unha das poucas carreiras urbanas de motociclismo existentes en España.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do concello

Bañeza