Ramón Rodríguez Varela, nado en Vilouriz (Toques) o 1 de agosto de 1905 e finado no Freixeiro (Palas de Rei) o 14 de maio de 1967, foi un mineiro e anarcosindicalista galego, guerrilleiro antifranquista tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 co pseudónimo de Curuxás. Tomou este sobrenome do lugar de Curuxás, en Palas de Rei.
Traxectoria Pasou os seus primeiros anos en Vilouriz e asistiu á escola de Vilamor. A familia mudouse a Pambre en 1916 e Ramón criouse en Curuxás. Logo de ser lexionario, traballou de mineiro nas minas de volframio de San Fins, en Lousame, afiliado ao Sindicato Minero vinculado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia marchando cos mineiros a Santiago de Compostela e despois á Coruña; despois fuxiu ao monte. O 14 de abril de 1937, aniversario da proclamación da II República, roubou as nóminas da mina, sendo esta a súa primeira gran acción.
Trasladouse á comarca da Ulloa e o 27 de xullo de 1941 escapou do seu domicilio familiar, a onde o fora buscar a Garda Civil, matando a un cabo deste corpo. Uniuse a un pequeno grupo con xente das antigas sociedades obreiras e agrarias, cos que andou polas terras do Alto Ulla, en Agolada e no Barbanza. Colaborou cos restos do grupo Neira e coa IV agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.
En 1947 abandonou as armas, como recomendara a CNT, e viviu refuxiado entre os labregos da parroquia de Vilamor ata o seu falecemento en 1967 por causas naturais.
Vida persoal Casou en Vilareda (Palas de Rei) con Marcelina Costa Castro o 23 de xuño de 1928.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
"Curuxás, guerrilleiro e anarco-sindicalista". Homenaxe a Curuxás (27 de xuño de 2009). O guerrilleiro que Franco non cazou. Galicia-Hoxe.
20px Curuxás: o justiceiro libertário da guerrilha antifranquista
Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Toques Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1967 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Anarcosindicalistas