O Club Xadrez Fontecarmoa (CXF), é un club de xadrez da localidade arousá de Vilagarcía de Arousa, federado na Federación Galega de Xadrez. Adestra e xoga as partidas da Liga Galega de Xadrez na Casa da Xuventude de Vilagarcía de Arousa. O seu nome provén dunha das parroquias da vila, Fontecarmoa, na que está o instituto de educación secundaria e formación profesional no que se formou.
É coñecido por ter a mellor canteira de xogadores da comunidade, e ten varios Mestres Internacionais. Na tempada 2013-2014 tiña 15 equipos e unhas 150 licenzas federativas, copando a clasificación galega en ámbalas dúas categorías. Así mesmo, é o club con maior número de licenzas femininas do país, cun 25%.
Historia O club formouse a mediados dos anos 80 no I.F.P Fontecarmoa, dada a afección xadrecista por parte dalgúns estudantes e profesores do centro, e por iniciativa dun histórico do xadrez vilagarcián, Adolfo Pedrido. Nos seus primeiros anos estivo á sombra da outra entidade da vila, a sección de xadrez do Liceo Marítimo de Vilagarcía de Arousa. A raíz da desaparición deste último club no ano 200, algúns dos seus compoñentes comezaron a migrar cara a outros galegos, pero tamén ao CXF. Xunto cun bo traballo da directiva co deporte de base, o club medrou de forma espectacular na primeira década do século XXI ata chegar a ser o club de xadrez galego con máis equipos inscritos na Liga Galega de Xadrez e o que ten un maior número de licenzas federativas.Historia do club na web oficial
Torneos A competición na que participan a meirande parte dos xogadores é a Liga Galega de Xadrez, que se disputa dende xaneiro ata abril; aínda que dado o carácter eminentemente xuvenil da entidade destaca a participación nos campionatos zonais, así coma nos campionatos galegos, no circuíto escolar e no prestixioso torneo Peón de Oro. Os mellores xogadores tamén teñen disputado os campionatos de España e incluso os campionatos europeos.
O club organiza así mesmo numerosos torneos, coma os amigables nas noites de verán.Rey Daviña acoge esta noche el tercer torneo al aire libre del Fontecarmoa
Palmarés Tempada 2006-2007 Mellor Club Deportivo do Concello de Vilagarcía (ano 2006). Tempada 2007-2008 Tempada 2008-2009 Mellor Club Deportivo do Concello de Vilagarcía (ano 2008). Tempada 2009-2010 Dúas das súas promesas, participan no Campionato Mundial de Xadrez.Juan Andrés Bayón y Julio Suárez, listos para el Mundial de Ajedrez Alevín Tempada 2010-2011 Tempada 2011-2012 Tempada 2012-2013 O seu equipo cadete, subcampión de España.El Fontecarmoa se hace con el subcampeonato de España O seu equipo cadete, premio de Mellor deportista vilagarciano do ano 2012, concedido no ano 2013.El equipo cadete del Club Xadrez Fontecarmoa, mejor deportista del año 2012 de Vilagarcía O seu xogador Julio Suárez, campión de España de xadrez rápido sub16.Julio Suárez se proclama campeón de España de ajedrez rápido en Granada Tempada 2013-2014 Campión da División de Honra da Liga Galega de Xadrez.El Fontecarmoa acapara los focos O seu xogardor Julio Suárez, campión de España sub18.
Outros Campións Galegos Infantís por equipos masculino e feminino. Varios campións e campioas autonómicos cada tempada.
Patrocinio A entidade ten numerosos patrocinadores privados: McDonald's, Porto de Vilagarcía, Sold Out, Empresa Pereira, Caixanova, Caixa Galicia, Deportes Rodas, Valdumia, Limpiezas All Cleaning, Restaurante A Pedra, Baños Print, Yupi ya, Cafetería La Marina...
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do club
Categoría:Xadrez en Galicia Categoría:Vilagarcía de Arousa Categoría:Clubs deportivos de Galicia