miniatura|dereita|Escudo de armas de Baviera Na seguinte listaxe recóllense, por orde cronolóxica, os soberanos que tivo Baviera ao correr da historia:
Duques de Baviera
Baviera unida, 555-1253 Dinastía Axilolfinga 548-788 En torno ao ano 555, os reis merovinxios puxeron a rexión raiana baixo a administración dun duque, que actuaba como gobernador, de xeito que, aínda que Baviera pertencía ao territorio merovinxio, non pertenceu a ningún dos tres reinos merovinxios (Austrasia, Neustria e Borgoña).
Garibaldo I, 548- 591. Tasilón I, 591-610. Garibaldo II, 610-630.
Á morte de Garibaldo II seguiron unha serie de rexentes máis ben descoñecidos que gobernaron sobre 50 anos. Os máis probábeis son:
Fara I, 630-640. Teodón I, 640-680. Lamberto I, 680.
No 680 dáse inicio á historia coñecida de Baviera con Teodón II:
Teodón II, 680-716. Teodeberto I, 702-719. Teodebaldo, 711-719. Tasilón II, 716-719. Grimoaldo I, 716-719 e 725. Huberto I, 725-737. Odilón I, 737-748 - Grifón, 748 (usurpador). Tasilón III, 748-788. Deposto. Teodón e Teoberto, fillos de Tasilón III, enclaustrados.
Dinastía Carolinxia, 788-911
Os reis carolinxios dos francos asumiron o control do territorio. O emperador Lois o Piadoso dividiu partes do imperio entre os seus fillos, como reis subordinados, co que Baviera pasou a ser un reino dentro do imperio ou do reino franco oriental.
Carlomagno, 788-814 (Xeroldo, duque subordinado 794-799). Lois o Piadoso, 814-815 (m. 840)
Lois investiu ao seu fillo Lotario no reino de Baviera en 815:
Lotario I, 815-817
En 817, Lotario foi coroado co-emperador por primeira vez, e o imperio foi redividido. Ao seu irmán Lois asignóuselle o reino de Baviera: Lois o Xermánico, 817 - 843/(876) Lois o Xermánico foi rei de toda a parte oriental do imperio en 843. En 864 outorgou o control de Baviera (como subregulus) ao seu fillo Carlomán, e morreu en 876.
Carlomán, 864 - 880. Lois o Mozo, 880 - 882. Carlos o Gordo, 882 - 887. Deposto. Arnulfo de Carintia, 887 - 899. Fillo bastardo de Carlomán, rebelouse contra o emperador Carlos III e foi elixido na parte oriental do imperio. Lois o Neno, 899 - 911.
Dinastía Luitpoldinga, 921-947
Luitpoldo de Baviera, o fundador da súa dinastía, non foi duque de Baviera, senón margrave de Carintia, en época de Lois o Neno.
Luitpold Margrave de Baviera (morto en 907). Arnulfo o Malo proclamouse duque de Baviera a partir de 907 aproveitando a conxuntura provocada polas correrías maxiares. Elixido rei rival a Henrique o Paxareiro en 919, foi sometido e recoñecido como duque en 921. Morreu en 937. Everardo 937-938. Deposto. Bertoldo 938-947. Fillo de Luitpoldo de Baviera.
Baviera baixo os Reis de Alemaña, 947-1070
Neste período, os reis de Francia Oriental (Germania) transferiron o territorio bávaro a diferentes mans, incluíndose os propios reis, non permitindo a sucesión de liñaxes familiares.
Á morte do duque Bertoldo, o rei Odón I outorgou o ducado ao seu irmán Henrique (que pola súa vez era xenro do duque Arnulfo)
200px|dereita|miniatura|Henrique II o Enredante Henrique I, duque de Baviera 947-955 Dinastía Saxoa. Henrique II o Enredante 955-976, primeira vez. Deposto. Dinastía Saxoa. Odón I 976-982, e tamén duque de Suabia (973–982). Dinastía Saxoa. Henrique III 983-985. Fillo do duque Bertoldo. Dinastía Luitpoldinga. Henrique III cambiou Baviera por Carintia, e Henrique II recibiu Baviera de novo. Henrique II o Enredante 985-995, segunda vez. Dinastía Saxoa. Henrique IV 995-1004. Tamén rei de Alemaña (1002-1024), e emperador desde 1014. Dinastía Saxoa. Henrique V 1004-1009, 1017-1026. Conde de Luxemburgo (998-1026).p Cuñado do emperador Henrique II, quen exerceu control directo sobre o ducado entre 1009-1017. Dinastía de Luxemburgo. Henrique VI o Negro 1026-1042, Rei de Alemaña (1039-1056), emperador desde 1046. Dinastía Salia. Henrique VII 1042-1047. Conde de Luxemburgo (1026-1047). Sobriño de Henrique V. Dinastía de Luxemburgo. Conrado I (Cuno) 1049-1053. Deposto. Ezzonen. Henrique VIII 1053-1054 (menor de idade), primeira vez. Rei de Alemaña (1053-1105), emperador desde 1084. Dinastía Salia Conrado II 1054-1055 (menor de idade) Dinastía Salia Henrique VIII, 1055-1061 (menor de idade), segunda vez. Odón II 1061-1070. Northeim. En 1061, Agnes de Poitou, nai e rexente do emperador Henrique IV, outorgoulle o ducado de Baviera.
Baviera cos Güelfos e os Babenberg, 1070-1180
En 1070, o rei Henrique IV depuxo ao duque Odón, investindo o ducado a Güelfo I, da rama máis antiga da Casa de Este (dinastía güelfa). miniatura|250px Güelfo I 1070-1077, 1096-1101 dinastía güelfa. Nas vicisitudes da Querela das Investiduras, foi desposuído do seu ducado, que pasou a ser administrado pola coroa alemá. Güelfo II 1101-1120 Güelfo Henrique IX 1120-1126 Güelfo, abdicou. Henrique X o Soberbio 1126-1139 Güelfo, tamén duque de Saxonia (1137-1139). Dado que morreu loitando contra o Rei de romanos Conrado III, e o seu fillo Henrique era menor de idade, o rei Conrado garantiu o ducado de Baviera aos Margraves de Austria da dinastía Babenberg. Leopoldo 1139-1141 Babenberg Henrique XI Jasomirgott 1143-1156 Babenberg. Irmán de Leopoldo.
Cando Frederico I chegou a ser electo Rei de romanos, restaurou o ducado de Baviera aos Güelfos, isto es, a Henrique o León, fillo de Henrique o Soberbio.
Henrique XII o León 1156-1180 Güelfo, tamén duque de Saxonia (1142–1180). Destituído.
Dinastía Wittelsbach 1180-1253
En 1180, o emperador Frederico I desposuíu a Henrique XII o León dos seus ducados e investiu Baviera a Odón da Casa de Wittelsbach. Malia ser Odón I de Wittelsbach o terceiro duque de Baviera con ese nome, o seu ordinal é Odón I por ser o fundador da nova dinastía.
Odón I 1180-1183. Lois I 1183-1231 – Obtivo o Condado Palatino do Rin en 1214. Odón II 1231-1253.
Divisións de Baviera, 1255-1505 Primeira división, 1255-1340 Tras a morte de Odón II, en 1255, Baviera foi dividida entre os seus fillos. Henrique chegou a ser Duque de Baixa Baviera, e Lois de Alta Baviera.
<tr> <td align="center"> Duques de Baixa Baviera <td align="center"> Duques de Alta Baviera <tr> <td> Henrique XIII 1253–1290, fillo de Odón II. Co-duques: Lois III 1290–1296, fillo de Henrique XIII. Estevo I 1290–1309, fillo de Henrique XIII. Odón IV 1309–1334, fillo de Estevo I. Henrique XIV 1309–1339, fillo de Estevo I. Odón III 1290–1312 (Rei pretendente de Hungría 1305-7), fillo de Henrique XIII. Henrique XV 1312–1333, fillo de Odón III. Xoán I 1339–1340, fillo de Henrique XIV. Lois IV 1340-1341. <td> Lois II 1253–1294, fillo de Odón II (tamén Conde Palatino do Rin). Co-duques, fillos de Lois II: Rodolfo I 1294–1317 (tamén Conde Palatino do Rin). Lois IV 1301–1349 (tamén Conde Palatino do Rin, 1319–1329).
Os duques de Alta Baviera tamén foron Condes Palatinos do Rin. En 1329, o emperador e duque Lois IV renunciou ao Palatinado e un anaco de Baviera, que pasou a denominarse Alto Palatinado (Oberpfalz), aos fillos de Rodolfo I, que formarían a Rama Palatinata da familia Wittelsbach. O Alto Palatinado reuniríase con Baviera en 1623, e o resto do Palatinado en 1777.
Reunión, 1341-1349
Lois IV 1341-1347. Co-duques 1347-1349, fillos de Lois IV: Lois V. Estevo II. Lois VI o Romano. Guillerme I. Alberte I. Odón V.
Segunda división, 1349-1505
En 1349, os seis fillos do emperador Lois IV dividiron Baviera en Alta e Baixa, ás que seguiron máis reparticións e agrupacións.
<tr> <td colspan="8" align="center"> Duques de Baixa Baviera <td colspan="4" align="center"> Duques de Alta Baviera <tr> <td colspan="8"> Co-duques, fillos de Lois IV: Estevo II 1349–1353. Guillerme I 1349–1353. Alberte I 1349–1353. En 1353, Baixa Baviera foi dividida en Baviera-Landshut e Baviera-Straubing. <td colspan="4" rowspan="3"> Co-duques, fillos de Lois IV: Lois V 1349–1361 (Margrave de Brandeburgo 1323–1351 e Conde de Tirol 1342–1361). Lois VI o Romano 1349–1351 (Margrave de Brandeburgo, 1351-1365). Odón V 1349–1351 (Margrave de Brandeburgo, 1351-1373). Meinhard 1361–1363, fillo de Lois V (e Conde de Tirol). En 1363, os territorios de Alta Baviera reuníronse con Baviera-Landshut. <tr> <td colspan="4" align="center">Duques de Baviera-Landshut <td colspan="4" align="center">Duques de Baviera-Straubing (Condes de Holanda e Zelandia desde 1354, e de Hainaut desde 1356 ata 1432) <tr> <td colspan="4"> Estevo II 1353–1375. <td colspan="4"> Co-duques: Guillerme I 1353–1389. Alberte I 1353–1404. <tr> <td colspan="9" align="center">Duques de Baviera-Landshut <td colspan="3" align="center">Duques de Baviera-Straubing <tr> <td colspan="9"> Estevo II 1353–1375; xunto con Odón V 1373–1379, fillo de Lois IV Co-duques, fillos de Estevo II: Xoán II 1375–1392. Frederico 1375–1392. Estevo III 1375–1392. En 1392 Baviera-Landshut foi partida en tres ducados: Baviera-Múnic, unha reducida Baviera-Landshut e Baviera-Ingolstadt. <td colspan="3" rowspan="3"> Co-duques: Guillerme I 1353–1389. Alberte I 1353–1404. Alberte II 1389–1397, fillo de Alberte I. Guillerme II 1404–1417, fillo de Alberte I. Xoán III 1418–1425, fillo de Alberte I. Baviera-Straubing foi repartido entre os outros ducados bávaros en 1429. <tr> <td colspan="3" align="center">Duques de Baviera-Múnic <td colspan="3" align="center">Duques de Baviera-Landshut <td colspan="3" align="center">Duques de Baviera-Ingolstadt <tr> <td colspan="3" > Xoán II 1392–1397. Co-duques, fillos de Xoán II: Guillerme III 1397–1435. Ernesto 1397–1438.
<td colspan="3" > Frederico 1392–1393. Henrique XVI 1393–1450. <td colspan="3" > Estevo III 1392–1413. Lois VII 1413–1443. Deposto. <tr> <td colspan="4" align="center">Duques de Baviera-Múnic <td colspan="4" align="center">Duque de Baviera-Landshut <td colspan="4" align="center">Duques de Baviera-Ingolstadt <tr> <td colspan="4" rowspan="3"> Co-duques: Guillerme III 1397–1435. Ernesto 1397–1438. Alberte III 1438–1460, fillo de Ernesto. Co-duques, fillos de Alberte III: Xoán IV 1460–1463. Sexismundo 1460–1467. Alberte IV o Sabio 1463–1467. Baviera-Múnic foi partida entre unha máis pequena Baviera-Múnic e Baviera-Dachau en 1467 <td colspan="4"> Henrique XVI o Rico 1393–1450 <td colspan="4"> Lois VII 1413–1443. Deposto. Lois VIII 1443–1445 Baviera-Ingolstadt foi anexionada por Baviera-Landshut en 1447. <tr> <td colspan="8" align="center">Duques de Baviera-Landshut <tr> <td colspan="8" rowspan="5"> Henrique XVI o Rico 1393–1450. Lois IX o Rico 1450–1479, fillo de Henrique XVI Xurxo o Rico 1479–1503 Baviera-Landshut foi anexionada por Baviera-Múnic en 1505, tras unha guerra de sucesión. <tr> <td colspan="2" align="center">Duque de Baviera-Múnic <td colspan="2" align="center">Duque de Baviera-Dachau <tr> <td colspan="2"> Alberte IV o Sabio 1467–1508. <td colspan="2"> Sexismundo 1467–1501. Baviera-Dachau reuniuse con Baviera-Múnic en 1501. <tr> <td colspan="4" align="center">Duque de Baviera-Múnic <tr> <td colspan="4"> Alberte IV o Sabio 1467–1508 (Duque de toda Baviera desde 1505).
Duques de Baviera unida, 1505-1623
Alberte IV "o Sabio" 1505 - 1508. Duque de Baviera-Múnic. Reuniu os territorios bávaros tras unha guerra de sucesión en Landshut (1503-1505). Guillerme IV 1508 - 1550 xunto con Lois X 1516 - 1545 Alberte V 1550 - 1579 Guillerme V 1579 - 1597 Abdicou. Maximiliano I 1597 - 1623
Electores de Baviera, 1623-1805
Maximiliano I 1623-1651 foi aliado do Emperador Fernando II na Guerra dos Trinta Anos. Cando o Elector Palatino, Frederico V, da rama maior dos Wittelsbach, foi deposto por se enfrontar ao emperador, Maximiliano I obtivo a dignidade electoral en 1623, cun anaco do Palatinado (Oberpfalz). En 1648, o herdeiro de Frederico V foi restaurado en parte do seu territorio co título electoral, pero Maximiliano retivo o seu novo electorado para os seus descendentes. Fernando María 1651-1679