1915 (MCMXV) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano, e foi Ano Santo Xacobeo.

Acontecementos miniatura|Mal de moitos, Ferrol, 1915. 13 de xaneiro: un terremoto de 6'8 na escala Richter en Avezzano, Italia causa 32 160 mortes. 19 de xaneiro: George Claude patenta o tubo de descarga de neon para o seu uso en publicidade. 19 de xaneiro: dirixibles alemáns bombardean as cidades de Great Yarmouth e King's Lynn no Reino Unido por primeira vez, causando máis de 20 mortes. 8 de febreiro: D.W. Griffith presenta a súa controvertida película O nacemento dunha nación. 15 de febreiro: Aurelio Ribalta funda en Madrid a revista Estudios Gallegos. 10 de marzo: accidente ferroviario na liña entre Monforte de Lemos e Vigo, entre as estacións da Frieira e Filgueira (Crecente). Un gran volume de rocha desprendeuse dun talude. Afectou á locomotora e seis unidades do convoi do tren correo Madrid-Vigo. Morreron 19 persoas e 25 resultaron feridas. 19 de marzo: primeira fotografía de Plutón, que non se cataloga aínda como planeta. 26 de abril: Tratado de Londres: Italia comprométese a entrar na Gran Guerra en favor dos aliados a cambio de compensacións territoriais posteriores. Albert Einstein presenta a súa Relatividade Xeral. Alfred Wegener propón a súa teoría de Panxea. Colócase o primeiro sinal de stop en Detroit, Míchigan.

Acontecementos de maior duración Primeira guerra mundial (1914-1918) Xenocidio armenio (1915-1918) Holocausto helénico (1914-1922)

Nacementos 18 de xaneiro - Santiago Carrillo, político asturiano (m. 2012). 2 de febreiro - Abba Eban, político e diplomático israelí (m. 2002). 4 de febreiro - Xosé María Álvarez Blázquez, escritor e investigador galego. 26 de febreiro - Juan García Durán, anarquista e historiador galego (m. 1986). 4 de abril - Muddy Waters, músico de blues estadounidense (m. 1983). 7 de abril - Billie Holiday, cantante de jazz e de blues estadounidense (m. 1959). 6 de maio - Orson Welles, actor e director de cinema estadounidense (m. 1985). 20 de maio - Moshé Dayán, militar e líder político israelí. 31 de maio - Ramón Piñeiro, escritor e político galego. 10 de xuño - Saul Bellow, escritor canadense (m. 2005). 24 de xuño - Sir Fred Hoyle, astrofísico e divulgador británico. 28 de agosto - Bernard Wolfe, escritor estadounidense (m. 1985). 29 de agosto - Ingrid Bergman, actriz sueca. 17 de outubro - Arthur Miller, dramaturgo estadounidense (m. 2005). 23 de outubro - Xaime Illa Couto, intelectual e economista galego. 12 de novembro - Roland Barthes, crítico francés. 25 de novembro - Augusto Pinochet, xeneral e ditador chileno. 12 de decembro - Frank Sinatra, cantante e actor norteamericano (m. 1998). 19 de decembro - Edith Piaf, cantante francesa (m. 1963).

Mortes 17 de febreiro - Francisco Giner de los Ríos, filósofo e pedagogo español. 2 de xullo - Porfirio Díaz, presidente de México até 1911. 22 de xullo - Sandford Fleming, enxeñeiro canadense. 20 de agosto - Paul Ehrlich, bacteriólogo alemán, Premio Nobel de Medicina en 1908. 15 de novembro - Booker T. Washington, educador negro estadounidense (n. 1856). 19 de decembro - Alois Alzheimer, neurólogo alemán. 27 de decembro - Claudio Cuveiro González, xornalista e escritor galego.

Premios Nobel Premio Nobel de Física - William Henry Bragg e William Lawrence Bragg Premio Nobel de Química - Richard Martin Willstätter Premio Nobel de Medicina - Non houbo Premio Nobel de Literatura - Romain Rolland Premio Nobel da Paz - Non houbo

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Historia ano a ano

Categoría:1915