O Parrochiale suevum, Parochiale suevorum (Parroquial suevo) ou Divisio Theodemiri é un importante manuscrito da segunda metade do século VIDatado entre os anos 527 e 582, atribuíndoselle como data máis probable o ano 569. e redactado inequivocamente entre os anos 572 e o 582 ou 589. Está considerado un documento único e excepcional en todo o occidente Latino. Mostra como a rexión comprendida entre o río Miño e o río Douro, a Gallaecia meridional, sería a máis desenvolvida e a mellor organizada para todo o conxunto territorial. Sobre a importancia deste texto, cabe salientar as palabras do historiador francés Pierre David:
No prefacio do devandito documento afírmase que tal organización acordouse nun concilio reunido en Lugo en xuño do 569 por mandato do rei Teodomiro co fin primordial de «confirmar a Fe católica», onde se decidiu elevar a sé de Lugo á dignidade metropolitana. O rei Teodomiro explica a escaseza de bispos debido á extensión do territorio e a dificultade que a existencia dunha soa metrópole produce para tódalas sés afastadas de Braga.
Neste documento reflíctese a organización administrativa e (maiormente) eclesiástica do Reino Suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses: as oito tradicionais reflectidas no Primeiro Concilio de Braga de 561, así como as catro dioceses formadas ó sur do Douro, que son as de Conímbriga, Idanha, Lamego e Viseu.
O Parroquial Suevo non recolle as igrexas monásticas ou de fundación privada, senón que enumera soamente aquelas igrexas cunha función diocesana, e que por tanto podían administrar bautismo e funcionar como cemiterio da comunidade (Díaz Martínez 1998: 37; Díaz e Díaz 2002: 17), este manuscrito amosa como o poder do bispo exercíase dunha maneira directa sobre o territorio máis próximo a súa residencia, enumerando pormenorizadamente ás igrexas dependentes qui in vicino sunt.
Ademais menciónase a diocese, non territorial senón étnica, de Britoniarum (Bretoña, norte da actual provincia de Lugo), que tamén aparece mencionada canda ó seu bispo Mailoc no Segundo Concilio de Braga,de 572.Texto do II concilio bracarense. O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. Constitúe por tanto unha das referencias historiográficas máis importantes para a localización de pobos e poboacións na Gallaecia pos-romana, especialmente durante o Reino Suevo.
En definitiva, para López Quiroga o «Parroquial Suevo» foi máis un punto de partida, ao reflectir unha organización ancestral do territorio que afunde as súas raíces en época prerromana e romana, que un punto de chegada, posto que a rede parroquial non tomará a súa forma case definitiva ata o século XII, no marco da reforma gregoriana. Deberiamos, por tanto e para a segunda metade do século VI, falar de «pre-parroquias» e non de «parroquias» en sentido estrito.
Dioceses dereita|miniatura|O reino suevo de Galicia coa organización territorial do Parroquial. O documento recolle as seguintes dioceses:
Diocese de Ourense: Auriensem, Palla Aurea (Ourense),Hispania Sacra, LXVI 134, julio-diciembre 2014, 439-480, Organización eclesiástica y social en la Galicia tardoantigua. Una perspectiva geográfico-arqueológica del parroquial suevo, José Carlos Sánchez Pardo, ISSN: 0018-215X Verugio (Cambeses, A Barcia do Seixo, A Lama), Bibalos (Temes), Teporos (A Pobra de Trives) Geurros (Geurros en Santa María da Proba, O Barco de Valdeorras), Pincia (Santa María de Pinza, Viana do Bolo) , Cassavio (Santa María de Casaio, Carballeda de Valdeorras), Verecanos (por identificar), Senabria (Pobra de Seabra),A. de Almeida Fernandes (1997). Paróquias Suevas e Dioceses Visigóticas. Associação para a defesa da cultura Arouquense, Câmara Municipal de Arouca Calapacios majores (Calabor). Diocese de Astorga: Astorica, Legio, Bergido, Petra speranti, Comanca, Ventosa, Maurelos superiores et inferiores, Senimure, Fraucelos, Pesicos. Diocese de Braga: Bracarensem (Braga), Centumcelas (Centocelas), Caetos, Remeto, Anoaste, Milia, Ciliolis, Ad Portum, Agilio, Carandonis, Tauris, Cilotao, Cetanio, Oculis (Vizela), Cerecis, Petrometo, Equesis, Ad Saltum. Así como os pagus: Panonias (Santuario de Panóias), Laetera, Brigantia (Braganza), Astiotico, Tureco, Auneco, Merobrio, Berese, Palantucio, Celo, Superlegio, Senequio. Diocese de Bretoña: Britonorum (Bretoña, Pastoriza), Monasterio Maximi (San Martiño de Mondoñedo). Diocese de Conímbriga: Conembrica (Conímbriga), Eminio (Coímbra), Selio (Tomar), Lurbine, Insula, Antunane, Portucale Castrum Antiquum (Vila Nova de Gaia). Diocese de Dume: Dumio (Dume). Diocese de Idaña: Egitania (Idanha a velha), Municipio, Francos. Diocese de Iria: Iria (Padrón), Morracio (Cangas de Morrazo?), Salinense (Cambados?), Contenos (Cuntis), Celenos (Caldas de Reis?), Metacios (Silleda?), Mercienses (Santa María de Merza), Pestemarcos (Posmarcos). Diocese de Lamego: Lamecum (Lamego), Tuentica, Arauoca, Cantabriano, Omina, Camianos. Diocese de Lugo: Luco (Lugo), Carioca (Quiroga), Seuios/Lemos (Monforte de Lemos), Cauarcos (Cabarcos de Sobrado, León). Diocese de Porto: Portugalensem in castro nouo (Porto), Villanoua, Betaonia, Visea, Menturio, Torebrio, Bauvaste, Bonzoaste, Lumbo, Nescis, Napoli, Curmiano, Magneto, Leporeto, Melga, Tongobria (Tongóbriga, Freixo, Marco de Canaveses), Villa Gomedei, Tauvase. Tamén os distritos (pagus) Labrencio, Aliobrio, Aritia, Truculo, Cepis, Mandote, Palentiaca. Diocese de Tui: Tudensem (Tui), Turedo (O Touredo, Luneda, A Caniza), Tabulela (Taboexa), Lucoparre (Longos Vales, concello de Monção), Aureas (Areas), Langetude (A Lenguda), Carisiano (Carrizáns), Marciliana (Marzán, O Rosal), Turonio (Torroña), Celesantes (Cesantes), Toruca (Pontevedra), Aunone (Avión), Sacria (Sagra), Herbilione (Ervelho freguesía de Cristelo Covo, concello de Valença), Cauda (Canda, freguesía de Alvaredo, concello de Melgaço), Ovinia (Vinha, freguesía de Areosa, concello de Viana do Castelo), Cartase (Lugar de Cartas freguesía de Mentrestido, concello de Vila Nova de Cerveira). Diocese de Viseu: Viseo (Viseu), Rodomiro, Submontio, Subverbena, Ósanos, Ovellione, Tutela, Coleia, Calibrica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
, Mário. Do Parochiale sueuum ao Prouinciale uisigothicum: ficheiro analítico. I – Paróquias suévicas
Outros artigos Concilio de Lugo
Categoría:Manuscritos Categoría:Reino Suevo