Koga (古河市, こがし, Koga-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao extremo oeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 123,58 km², a poboación é de 143.962 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 1.160 h/km².
O concello de Koga limita cos concellos de Goka, Sakai, Bandō, Yachiyo, Yūki (que son da prefectura de Ibaraki); Oyama, Nogi, Fujioka (que son da prefectura de Tochigi); Kitakawabe, Ōtone e Kurihashi (que son da prefectura de Saitama).
Categoría:Rexión de Kantō Categoría:Concellos do Xapón