O kebabDicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega (en ), tamén chamado kebap ou kabab, é un prato típico do Oriente Medio, o Mediterráneo oriental e Asia Meridional. Elabórase con anacos de carne, peixe ou vexetais cociñados á grella ou ó espeto.Kebab , Oxford Dictionaries A súa orixe é o Mediterráneo oriental,To Vima (in Greek), 6-2-2011 (picture 2 of 7)How to Cook Like a Mycenaean, Archaeology Magazine sendo mencionado por Homero,Homer, "Iliad" 1.465, on Perseus Digital Library ou tamén no Oriente Medio, sendo adoptado posteriormente en Asia Central e nas rexións do Imperio Mongol e do Imperio Otomán.
miniatura|Kebabs de peixe ó espeto sendo cociñados en Turkmenistán. A carne tradicional do kebab é a de año, mais dependendo dos gustos e das prohibicións relixiosas locais, pode facerse con outras carnes, como a de tenreira, cabra, polo, porco ou peixe. Na actualidade é un prato popular no mundo occidental, especialmente pola mocidade como unha alternativa de comida rápida.Doner kebab convértese na comida rápida favorita de Alemaña , USAToday, 4/11/2010
Döner kebab
O döner kebab, literalmente "carne rodante", é a variante turca do kebab, e consiste en follas de carne de tenreira ou polo cociñadas nun torno vertical. O döner kebab adoita servirse nun pan redondo característico da cociña balcánica e oriental chamado "Pita". A carne vai acompañada de ensalada, ou tamén pode servirse nun prato con patacas fritidas, normalmente como acompañamento do "pide" ou lahmacun (pizza armenia). Os restaurantes nos que se cociña o döner kebab ou shawarma para levar son comúns nalgunhas partes de Europa. O döner kebab ten gran popularidade en Alemaña, Austria, Francia, Países Baixos, Dinamarca, Australia, España e Romanía. Os "gyros" (de carne de porco), chamados así en Grecia, son bastante populares nos Estados Unidos como comida para levar.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dürüm Bibliografía Batmanglij, Najmieh. New Food of Life: Ancient Persian and Modern Iranian Cooking and Ceremonies by Najmieh Batmanglij. ISBN 0-934211-34-5 Ligazóns externas Guía do kebab iraniano Vídeo tutorial do lula kebab de cordeiro
Categoría:Pratos de carne Categoría:Gastronomía de Turquía Categoría:Gastronomía de Azerbaidján Categoría:Gastronomía de Xeorxia Categoría:Gastronomía de Irán Categoría:Gastronomía de Iraq Categoría:Gastronomía de Oriente Medio Categoría:Comida rápida Categoría:Sándwichs