Kiyosu (清須市, きよすし, Kiyosu-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ó oeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 13,31 km², a poboación é de 57.224 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 4.300 h/km².

O concello de Kiyosu limita cos concellos de Haruhi, Inazawa, Jimokuji e Nagoya.

Historia A cidade de Kiyosu foi fundada pola fusión de 3 concellos de vilas do distrito de Nishikasugai (Nishibiwajima-chou, Kiyosu-chou e Shinkawa-chou) no ano 2005.

Cidades irmandadas Toyota-shi, prefectura de Aichi, Xapón Xerez da Fronteira, Andalucía, España

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Kiyosu .

Categoría:Prefectura de Aichi Categoría:Rexión de Tōkai Categoría:Concellos do Xapón