José María Posada Pereira, nado en Vigo o 19 de marzo de 1817 e finado en Pontevedra o 19 de novembro de 1886, foi un poeta e xornalista galego.

Traxectoria

Estudou Humanidades e Teoloxía e finalmente Leis na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1845. En 1840 fundou en Santiago unha Academia Literaria e Artística que reunía o mellor do país. En 1845 fundou La Aurora de Galicia, revista de literatura, ciencias e artes, con Francisco Añón. Residiu en Madrid entre 1851 e 1852, estudando pintura.

Establecido en Vigo, creou o xornal Faro de Vigo (1852), onde apareceron a maioría dos seus escritos. Alí co pseudónimo de Don Lucas publicou crónicas burlescas, así como poemas e lendas en galego. Escribiu un libro de recordos, Un paseo de Vigo a Bayona (1866). A súa creación poética está recollida postumamente en Poesías selectas (1888), volume décimo sexto da Biblioteca Gallega de Andrés Martínez Salazar, con prólogo de José de Santiago y Gómez e biografía de Xoán Neira Cancela.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

, Ricardo (1982). El Romanticismo español. Madrid: Cátedra (3.ª ed.).

Outros artigos Precursores

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1817 Categoría:Finados en 1886 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Faro de Vigo Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Avogados de Vigo