250px|miniatura|Unidade Civia na estación de Utebo. A rede de Proximidades Zaragoza (en castelán: Cercanías Zaragoza) é un servizo de trens interurbanos entre Zaragoza e parte dos municipios da súa área metropolitana, que forma parte da rede de Proximidades de Renfe Operadora. Actualmente devandita rede de proximidade unicamente está formada por unha liña en funcionamento, a C-1.
A liña C-1, operada por Renfe Operadora, é a primeira e única liña de Proximidades da cidade de Zaragoza. Foi inaugurada, e presta servizo desde entón, o 11 de xuño de 2008,Noticia da apertura no Xornal de Aragón días antes do inicio da Exposición Internacional de 2008 nesta cidade.
Para a súa creación aproveitáronse as vías xa existentes das liñas Zaragoza-Pamplona/Logroño e Zaragoza-Reus-Barcelona. Creáronse novas estacións no periférico barrio de Casetas, en Utebo, baixo a antiga estación do Portillo e en Miraflores, dentro do distrito de Las Fuentes. O 3 de abril de 2012 engadiuse á liña a estación de Zaragoza-Goya.
Percorrido 25px Proximidades Zaragoza 20px20px20px Casetas 20px|Aparcadoiro20px20px20px Utebo 20px|Aparcadoiro 20px|Autobús interurbano20px20px20px Zaragoza-Delicias 20px|Aparcadoiro 20px|Autobuses 40px|Alta Velocidade 19px|Trens de Media Distancia 17px|Trens de Longa Distancia 20px|Bicicletas20px20px20px20px20px20px Portillo 20px|Aparcadoiro 20px|Bicicletas20px20px20px Goya 20px|Autobús urbano 19px|Trens de Media Distancia 20px|Tranvía 20px|Bicicletas20px20px20px Miraflores 20px|Aparcadoiro 20px|Autobús urbano miniatura|250px|Estación de Delicias miniatura|250px|Estación de El Portillo Casetas: estación sen conexión de autobuses, con aparcadoiro. Utebo: estación con aparcadoiro e conexión de autobús Utebo-Monzalbalba. Delicias: estación intermodal de Zaragoza onde se atopan os servizos de media e longa distancia de Renfe así como a Estación Central de Autobuses de Zaragoza. A plataforma de proximidade abarca as vías 7 (dirección Miraflores) e 8 (dirección Casetas). Pódese acceder ao mesmo desde os vestíbulos de saídas e de chegadas e desde o tránsfer que dá acceso directo aos distintos aparcadoiros, á estación de autobuses e á praza da estación. Portillo: estación soterrada con aparcadoiro situada onde se atopaba a antiga estación homónima. Accédese desde Escoriaza, Fabro e Anselmo Clavé. Ten conexión coas liñas 22 e 31 de autobús urbano. Goya: é a máis céntrica e ten intermodalidade coa liña 1 do Tranvía de Zaragoza e coa liña 31 do autobús urbano. Miraflores: estación soterrada con conexión de autobuses e aparcadoiro.
Proxectos
Ampliación da C-1 Está prevista a ampliación da liña polo Leste a curto prazo ata La Cartuja e a medio prazo ata El Burgo de Ebro, mentres que polo Oeste as ampliacións serían ata Alagón a medio prazo e a longo prazo ata Pedrola. As posibles estacións recollidas no PIT para a C-1 son as seguintes: Pedrola Cabañas de Ebro Alagón La Joyosa-Torres de Berrellén Sobradiel Casetas Utebo Zaragoza-Delicias Zaragoza-Portillo Goya Miraflores La Cartuja El Burgo de Ebro
Tamén se comtempla a posibilidade de crear a longo prazo unha liña "C-1b" que en Casetas se bifurcaría cara a Pinseque e Grisen chegando á factoría de OPEL España, cuxas paradas serían: Grisén Pinseque Villarrapa
Nova liña C-2 Segundo recolle o Plan Intermodal de Transporte de Zaragoza, segundo evolucione a demanda poríanse en funcionamento novos servizos cunha segunda liña de proximidade que siga un eixo Norte-Sur polos corredores dos ríos Gállego e Huerva, aproveitando as vías das liñas Zaragoza-Huesca e Zaragoza-Valencia, ata María de Huerva e Villanueva de Gállego. As posibles estacións recollidas no PIT para a C-2 son as seguintes: Zuera Villanueva de Gállego San Juan de Mozarrifar San Gregorio Cogullada (Av. Cataluña) Las Fuentes (Av. Compromiso de Caspe / c/ Rodrigo Rebolledo) Miraflores Zaragoza-Goya Zaragoza-Goya Zaragoza-Delicias PLAZA Cuarte Cadrete María de Huerva Botorrita
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Proximidades Zaragoza, na web de Renfe. Foro
Zaragoza Categoría:Transporte en Zaragoza