Manono é unha illa de Samoa, no estreito de Apolima entre as illas principais de Savai'i e Upolu, o punto máis ao oeste de Upolu. Como as outras illas do estreito de Apolima, é parte do distrito Aiga-i-le-Tai, que se basea principalmente en Upolu, ocupando o seu extremo occidental. Manono ten unha área de 3 km². A poboación é de 773 habitantes (censo 2001) distribúense entre catro aldeas:
Apai, ao oeste (102 habitantes) Faleu, ao sur (329 habitantes) Lepuia'i, ao suroeste (184 habitantes) Salua, ao norte (158 habitantes)
Das catro illas habitadas de Samoa, é a terceira en canto poboación, logo das illas moito máis grandes de Upolu e Savai'i, e antes da illa Apolima. Non se permite ter ningunha clase de cans na illa. Non hai coches tampouco; apenas unha senda para peóns que bordea a costa. No principio do século XIX a illa foi chamada Flat Island, (illa Plana).
Manono Manono