A PO-546 (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Pontevedra e Marín; atravesa os concellos de Pontevedra e Marín. Ten unha lonxitude de 4,22 quilómetros e iníciase no suroeste de Pontevedra e finaliza no nordeste de Marín. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da antiga estrada comarcal C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. É coñecida polo nome de estrada vella de Marín, dado que era o traxecto habitual antes da construción da autovía urbana PO-11. Atópase en bo estado e ten abundante tráfico.
Percorrido
A estrada comeza en Pontevedra, por baixo da liña férrea do acceso ao porto de Marín desde a estación ferroviaria de Pontevedra. Continúa por Salcedo pasando pola Ruibal.
No quilómetro 1,5 atópase o desvío á urbanización Pontemuíños e no quilómetro 2 a entrada ao complexo da papeleira de Pontevedra, onde están as factorías de ENCE e Elnosa. Atravésanse os lugares de Lourizán e o Rozo en Lourizán, e chégase aos Praceres onde a estrada se une coa PO-11, rematando en Estribela con límite municipal de Pontevedra e Marín.
Notas
Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia de Pontevedra Categoría:Pontevedra Categoría:Marín