Anne Geddes, nada en Queensland o 13 de setembro de 1956 , é unha fotógrafa, deseñadora e empresaria australiana que vive e traballa en Nova Zelandia. É mundialmente coñecida polas súas fotografías relacionadas cos bebés e a maternidade.
Traxectoria Completamente autodidacta, na maioría da súa obra os bebés ou meniños están caracterizados coma fadas, personaxes de contos, flores ou animais. A temática das súas imaxes está completamente idealizada: as fotos amosan os bebés durmindo, rindo ou ollando para a contorna que os arrodea.
A súa obra foi publicada en 83 países e traducida a 24 idiomas , con máis de 18 millóns de libros e 13 millóns de calendarios vendidos Biografía de Anne Geddes en Amazon .
Obra Páxina de Anne Geddes en LibraryThing. "O xardín enmeigado" (Down in the garden), 2000. ISBN 9788440695536 Dez na cama" (Ten in the bed), 2000. ISBN 9788440698551 "Ata hoxe" (Until now), 2001. ISBN 9788466603225 "Diario do bebé: Os primeiros cinco anos" (My first five years), 2001. ISBN 9788466602747 "O libro dos nomes" (Baby names keepsake), 2002. ISBN 9788466607216 "O meu irmanciño" (My baby brother), 2002. ISBN 9788466607414 "A miña irmanciña" (My baby sister), 2002. ISBN 9788466607421 "Vida" (Pure), 2003. ISBN 9788466612432 "Entrañables pensamentos de amor" (Cherished thoughts with love), 2003. ISBN 9788466621908 "Milagre - Miracle. Celebración dunha nova vida" (Miracle: A Celebration of New Life), 2004. ISBN 9788466616058. Este proxecto, realizado en colaboración con Céline Dion, é unha mestura de música e fotografía que xira en torno á temática dos bebés e o xurdir dunha nova vida. "123" (123. The Anne Geddes Collection), 2005. ISBN 9788466623858 "Cores" (Colors), 2005. ISBN 9788466623865 "Formas" (Shapes), 2005. ISBN 9788466623872 "Os primeiros anos: diario para nenos" (My first years journal for boys), 2006. ISBN 9788466624701 "Os primeiros anos: diario para nenas" (My first years journal for girls), 2006. ISBN 9788466624985 "O froito do amor: unha autobiografía" (Labor of love: an autobiography), 2007. ISBN 9788466629041
Premios e recoñecementos En 1997 Anne Geddes foi condecorada coma membro vitalicio pola asociación Professional Photographers of America (Fotógrafos Profesionais de América) e recibiu así mesmo un título honorario do New Zealand Institute of Professional Photographers-NZIPP (Instituto Neozelandés de Fotógrafos Profesionais).
En 2004 foi elixida coma membro da New Zealand Order of Merit (Orde Neozelandesa de Honor) "polos seus servizos á fotografía e á comunidade" Queen's Birthday Honours: Anne Geddes . En 2004 e 2005 o Servizo Postal Francés, La Poste, empregou catro das súas fotografías para ilustrar a serie "C'est une fille - C'est une garçon" ("É un neno - é unha nena"). En 2007 as súas fotografías foron utilizadas polo Servizo Americano de Correos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Anne Geddes
Categoría:Fotógrafos de Australia Categoría:Nados en Queensland Categoría:Maternidade Categoría:Australianos de ascendencia escocesa