Aki (安芸市, あきし, Aki-shi) é un concello da prefectura de Kōchi no Xapón. Está situado ao sueste da rexión de Shikoku e ao leste da prefectura, na illa de Shikoku. A súa superficie é de 317,34 km², a poboación é de 20.116 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 63,4 h/km².
O concello de Aki limita cos concellos de Kami, Kōnan, Geisei, Yasuda, Umaji (que son da prefectura de Kōchi); e Naka (este último é da prefectura de Tokushima).
Categoría:Rexión de Shikoku Categoría:Concellos do Xapón