O morcego mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale) é unha especie de morcego dun tamaño intermedio entre o Rhinolophus ferrumequinum e o Rhinolophus hipposideros. dos que se diferencia pola forma da cadeira, que é afiada e lixeiramente inclinada. Diferénciase tamén pola forma da ferradura, que no caso do morcego mediterráneo ten tres sucos verticais, tamén a cor interior das súas orellas é rosada, mentres nos outros é escura; e a súa forma de envolverse coas ás durante o repouso, onde mantén as súas ás case recollidas e amosando case toda a súa área pectoral.

Talle- Cabeza e corpo, entre 4,2 a 5,8 cm. Lonxitude da cola- 2,2 a 3 cm. Envergadura- 38 cm. Peso- de 8 a 17,5 gramos.

Distribución

Esténdese dende a Península Ibérica, sur de Europa, Marrocos, Alxeria e Tunisia, Oriente Medio e sur do Cáucaso, ata Turkmenistán. En Europa o límite setentrional, pasa polo centro de Francia, norte de Italia e noroeste de Romanía, non habitando en zonas de alta montaña ou moi áridas.

Hábitat

Especie termófila, depende de espazos forestais heteroxéneos e cultivos tradicionais, situados en proximidades de zonas con abundancia de cavidades para refuxio. Aliméntase principalmente de avelaíñas nocturnas, aínda que tamén aproveitan explosións demográficas de pequenos escaravellos do xénero Rhizothrogus. Captura as súas presas voando baixo ou sobre a foresta ou dende perchas á espreita.

Ameazas

Como á maioría dos quirópteros, son as perturbacións nos refuxios, xa sexan de cría ou hibernación, como a perda e degradación do seu hábitat e a diminución de presas dispoñibles pola utilización masiva de pesticidas agrícolas e forestais.

Véxase tamén

Outros artigos Catálogo galego de especies ameazadas Ligazóns externas '"Rhinolophus euryale"en Atlas de mamíferos terrestres.Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf. (en) Rhinolophus euryale, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Visto o 2 de xuño de 2009.

Categoría:Quirópteros Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Animais descritos en 1853