O Instituto de Ensino Secundario Manuel Murguía é un centro educativo público situado en Arteixo, que imparte ensino de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato. Tamén é sede da Sección de Arteixo da Escola Oficial de Idiomas da Coruña.
Depende da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Ten dous edificios, que acollen unha media de entre 750 e 850 alumnos. A directora, en 2022, é María Begoña Campos Souto.
Proxectos e actividades O Manuel Murguía realizou varias actividades solidarias, como galas solidarias con Cáritas para loitar contra a fame.
O centro recibiu un premio da Xunta en 2020 por un proxecto social que fomentaba a igualdade e a non discriminación.
Dende 2019, o centro organiza un musical anual, o cal preparan, xestionan e levan a cabo os propios alumnos do centro, dos cursos de 4°ESO, 1°BACH e 2°BACH.
Ademais conta cunha publicación, a Revista Pudingas, creada polos alumnos e financiada polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Notas
Manuel Murguía Categoría:Arteixo