Karl Stig-Erland Larsson, coñecido coma Stieg Larsson, nado en Skelleftehamn, Condado de Västerbotten, o 15 de agosto de 1954 e finado en Estocolmo o 9 de novembro de 2004, foi un xornalista e escritor sueco.
Acadou sona internacional trala súa morte, coa publicación da súa triloxía de novelas policiais Millenium, composta polos seguintes títulos: Män som hatar kvinnor (Os homes que odiaban as mulleres), Flickan som lekte med elden (A rapaza que xogaba con lume) e Luftslottet som sprängdes (O castelo de aire que foi voado).
Traxectoria Stieg Larsson criouse na pequena comunidade de Norsjö, a uns 100 km ao norte de Umeå (o municipio aparece no primeiro volume da triloxía). Viviu cos seus avós ata a morte do seu avó en 1962. Entre 1977 e 1999 traballou coma deseñador gráfico para a axencia de noticias Tidningarnas Telegrambyrå (TT).
Militou na Kommunistiska Arbetareförbundet (Liga Comunista de Traballadores). Profundamente involucrado na loita contra o racismo e a ultradereita, participou a mediados dos anos 80 na fundación do proxecto antiviolencia Stop the Racism. En 1995 foi un dos promotores da Fundación Expo, adicada a "estudar e cartografar as tendencias antidemocráticas, de extrema dereita e racistas da sociedade". Dende 1999 foi director da revista de dita fundación, tamén chamada "Expo". Escribiu varios libros de investigación periodística sobre os grupos nazis do seu país e das conexións entre a extrema dereita e o poder político e financeiro.
Stieg Larsson era asemade presidente da sociedade escandinava de ciencia ficción, xénero polo que tiña un grande interese.
Serie Millenium Stieg Larsson comezou a escribir novelas policiais como hobby en 2001Páxina sobre a triloxía Millenium (escribía polas noites, compaxinando así o seu pasatempo co traballo). Nun primeiro momento, considerou, xunto co periodista Kenneth A. (da axencia de noticias TT), a posibilidade de escribir unha historia sobre os personaxes de Hernández e Fernández, d'As aventuras de Tintín. Máis tarde tentou plasmar como se manexaría na sociedade do momento a famosa Pipi Mediaslongas, creada pola escritora sueca Astrid Lindgren: así xurdiu un dos protagonistas da súa trioloxía, a investigadora Lisbeth Salander. Como contrapunto, creou outro personaxe máis equilibrado, o xornalista Mikael Blomkvist (cuxo nome lembra o doutro personaxe de Lindgren, o neno detective Kalle Blomkvist). A partir de aí creou o resto de personaxes da serie, denominada Millenium en referencia ao nome da revista na que traballa o personaxe de Blomkvist.
Cando rematou o segundo volume da serie, e tendo xa deseñada a trama do terceiro, pasoulle un manuscrito a un amigo editor. Faleceu en 2004, dun ataque ao corazón, días despois de entregarlle ao editor o terceiro volume da serie e pouco antes de que se publicase o primeiroArtigo de "El País". Non chegou por tanto a ver publicada a obra, e a súa repentina morte truncou o seu plan de continuar a serie: tal e como afirma o seu círculo máis próximo, o escritor estaba a traballar no seguinte volume, que era en realidade o quinto da saga (o cuarto destruíuno por non quedar plenamente satisfeito con el) .
A triloxía está considerada unha obra de "relevancia social" tanto pola construción simbólica das personaxes femininas como por tratar a lacra da violencia de xénero.
En 2009, estreouse unha adaptación cinematográfica da primeira novela da serie, dirixida por Niels Arden Oplev cos actores suecos Michael Nyqvist e Noomi Rapace nos papeis protagonistas. A película estreouse o 27 de febreiro en Suecia e Dinamarca, e o 29 de maio en España.
Obra Artigos Stieg Larsson, Anna-Lena Lodenius: "Extremhögern", Estocolmo, 1991 Stieg Larsson, Mikael Ekman: "Sverigedemokraterna : den nationella rörelsen", Estocolmo, 2001 Stieg Larsson, Cecilia Englund: "Debatten om hedersmord : feminism eller rasism", Estocolmo, 2004 Richard Slätt, Maria Blomquist, Stieg Larsson, David Lagerlöf m.fl.: "Sverigedemokraterna från insidan", 2004
Novelas Män som hatar kvinnor (Os homes que odiaban as mulleres), 2008. ISBN 978-84-233-4044-6 Flickan som lekte med elden (A rapariga que xogaba con lume), 2008. ISBN 978-84-233-4100-9. Luftslottet som sprängdes (O castelo de aire que foi voado), 2009. ISBN 978-84-233-4161-0
Periódicos Svartvitt med Expo, 1999-2002 Expo, 2002-2004
Notas
Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Nados no concello de Skellefteå Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2004