Kitahiroshima (北広島市, きたひろしまし, Kitahiroshima-shi) é un concello da prefectura de Hokkaidō no Xapón. Está situado ao sur da illa de Hokkaidō, na subprefectura de Ishikari. A súa superficie é de 118,54 km², a poboación é de 60.802 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 513 h/km².

O concello de Kitahiroshima limita cos concellos de Ebetsu, Sapporo, Eniwa (que son da subprefectura de Ishikari); de Nanporo e Naganuma (que son da subprefectura de Sorachi).

Demografía

Cidades irmandadas Higashihiroshima, prefectura de Hiroshima, Xapón (1980).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Categoría:Rexión de Hokkaidō Categoría:Concellos do Xapón