Volbeat é unha banda de rock danesa formada en Copenhague. Tocan unha fusión de rock and roll, heavy metal, punk e rockabilly. Están inspirados por lendas do rock 'n' roll clásicas coma Elvis Presley ou Johnny Cash, e por bandas de hard rock, punk rock e heavy metal coma AC/DC, Social Distortion, The Misfits, Napalm Death e Metallica. Os seus membros son o vocalista e guitarrista Michael Poulsen, o guitarrista Rob Caggiano, o baixista Anders Kjølholm e o batería Jon Larsen. A banda asinou co selo holandés Mascot Records e publicou cinco álbums de estudio e un DVD. Todos os seus álbums foron disco de ouro en Dinamarca. A súa segunda publicación Rock the Rebel / Metal the Devil recibiu o disco de platino, e Beyond Hell / Above Heaven, publicado en 2010, recibiu disco dobre de platino en Dinamarca, platino en Finlandia e Alemaña, e ouro en Suecia e Austria. O quinto álbum de Volbeat, Outlaw Gentlemen & Shady Ladies, foi publicado mundialmente o 9 de abril de 2013.

Historia Primeiros anos (2000-2004) Michael Poulsen comezou no grupo "Dominus", de death metal. No ano 2000, Poulsen fartouse do death metal, feito que remataría coa desaparición de Dominus. No 2001, Poulsen decidiu formar unha nova banda xunto algúns amigos e outros antigos membros de Dominus. Foi o comezo de Volbeat.

O nome da banda, Volbeat, era o nome dun álbum de Dominus titulado "Vol.Beat".

Despois de vender 1.000 copias da demo "Beat the Meat", Volbeat asinou un contrato de gravación con Rebel Monster Records, unha marca filial de Mascot Records.

The Strength / The Sound / The Songs (2005-2006) Volbeat sacou ao mercado o seu primeiro álbum, The Strength / The Sound / The Songs, en 2005. Os membros da banda por aquel entón eran Michael Poulsen (voz), Jon Larsen (batería), Franz Gottschalk (guitarra) e Anders Kjølholm (baixo). O álbum tivo un grande éxito en Dinamarca, chegando ao número 18 das listas. A crítica sempre foi positiva con respecto a ese álbum. A revista de hard rock alemá RockHard deulles un 10/10 nun dos seus artigos. The Strength / The Sound / The Songs tamén recibiu unha gran cantidade de premios, incluído o de mellor álbum nos "Danish Metal Musik Awards", no ano 2005. Volbeat tamén recibiu moi boas críticas polas súas xiras. O seu concerto no Roskilde Festival de 2006 obtivo 6/6 estrelas nun artigo do periódico danés BT.

Rock the Rebel / Metal the Devil (2007) miniatura|dereita|O baixista Anders Kjølholm nun concerto no ano 2007. No ano 2007, a banda editou o seu segundo álbum chamado Rock the Rebel / Metal the Devil. A banda tiña os mesmos membros que no primeiro disco. A comezos dese mesmo ano, o álbum debutou no posto número 1 de vendas en Dinamarca.

Volbeat abriu o Roskilde Festival en 2007. Tamén acompañou a Metallica xunto con Mnemic no seu concerto en Dinamarca o 13 de xullo dese ano. Tamén tocaron xunto a Megadeth en Finlandia e na súa cidade, Copenhague, e nalgúns festivais o verán de 2008. Volbeat contratou a Thomas Bredahl tras a gravación de Rock the Rebel/Metal the Devil para substituír a Gottschalk na guitarra.

Guitar Gangsters & Cadillac Blood (2008-2009) En 2008, saíu á venda o terceiro álbum de Volbeat, co guitarrista Thomas Bredahl, Guitar Gangsters & Cadillac Blood. Este álbum chegou ao máis alto das listas finlandesas despois da súa publicación. En 2009, Volbeat foi o abreconcertos de Nightwish no seu tour polos Estados Unidos en maio. O 31 de maio do 2009, tocaron no escenario principal do Pinkpop Festival. Acompañaron tamén a Metallica dende outubro a decembro do 2009, no World Magnetic Tour.

Beyond Hell/Above Heaven (2010-2012) O 10 de setembro de 2010 publicaron Beyond Hell / Above Heaven, e anunciaron tamén unha xira para presentar o seu novo disco. Neste traballo, colaboraron músicos coma Mark Greenway de Napalm Death, Michael Denner de Mercyful Fate ou Miland Petrozza de Kreator.

Ao remate da xira, o 28 de novembro de 2011, Volbeat anunciou a través da súa páxina web a marcha do seu guitarrista Thomas Bredahl, e que os seguintes concertos da xira de 2012 os farían coma trío, ou cun guitarrista novo. En decembro de 2012, Volbeat anunciou que o seu novo álbum ía ser publicado en 2013.

Outlaw Gentlemen & Shady Ladies (2013-presente) En xaneiro de 2013, Volbeat anunciou que o novo álbum levaría como nome Outlaw Gentlemen & Shady Ladies, e que ía ser publicado na primavera de 2013.

O 4 de febreiro de 2013, anunciouse que Rob Caggiano, antigamente en Anthrax, se unía oficialmente á banda coma guitarrista. Caggiano produciu e gravou algúns solos de guitarra para o novo álbum, Outlaw Gentlemen & Shady Ladies, que foi publicado o 9 de abril de 2013, antes de que o grupo lle fixera a petición de unirse como membro oficial.

Membros

Membros actuais

Michael Poulsen - Voz e guitarra (2001-presente) Anders Kjølholm - Baixista, coros (2001-presente) Jon Larsen - Batería, percusión (2001-presente) Rob Caggiano - Guitarra principal (2013-presente)

Antigos membros

Franz "Hellboss" Gottschalk - Guitarrista (2002-2006) Teddy Vang - Guitarrista (2001-2002) Thomas Bredahl (2006-2011)

Membros de xira

Hank Shermann - Guitarra principal (2011-2013)

Liña temporal

Rock the Rebel/Metal the Devil foi editado durante a etapa de Bredahl, pero foi gravado con Gottschalk á guitarra.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo The Strength / The Sound / The Songs 2005 Rebel Monster, Mascot Rock the Rebel / Metal the Devil 2007 Mascot Guitar Gangsters & Cadillac Blood 2008 Rebel Monster, Mascot Beyond Hell / Above Heaven 2010 EMI, Vertigo, Republic, Universal Outlaw Gentlemen & Shady Ladies 2013 Vertigo, Republic, Universal Seal the Deal & Let's Boogie 2016 Vertigo, Republic, Universal Rewind, Replay, Rebound 2019 Vertigo, Republic, Universal Servant of the Mind 2021 Vertigo, Republic, Universal God of Angels Trust 2025 Vertigo, Republic, Universal

Sinxelos AnoSingleÁlbum2006I Only Wanna Be With YouThe Strength / The Sound / The Songs2007Sad Man's TongueRock the Rebel / Metal the Devil2007The Garden's TaleRock the Rebel / Metal the Devil2007Radio GirlRock the Rebel / Metal the Devil2008Maybelenne i HofteholderGuitar Gangsters & Cadillac Blood2009Mary Ann's PlaceGuitar Gangsters & Cadillac Blood2010WeGuitar Gangsters & Cadillac Blood2010FallenBeyond Hell / Above Heaven2010Heaven nor HellBeyond Hell / Above Heaven20117 ShotsBeyond Hell / Above Heaven201116 DollarsBeyond Hell / Above Heaven2011A Warrior's CallBeyond Hell / Above Heaven2012Still CountingGuitar Gangsters & Cadillac Blood2013Cape of Our HeroOutlaw Gentlemen & Shady Ladies2013The Hangman's Body CountOutlaw Gentlemen & Shady Ladies

Álbums en directo Live: Sold Out (2008) Live from Beyond Hell/Above Heaven (2011)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial Sitio oficial do MySpace

Categoría:Grupos musicais de Dinamarca Categoría:Grupos musicais de heavy metal Categoría:Grupos musicais de groove metal