Cartago (en ; do fenicio Kart-Hadasht, ou Qrthdst, isto é «Nova Cidade», en árabe قرطاج (Qartax ) é unha antiga cidade, orixinariamente unha colonia fenicia no norte en Tunisia, situada ao leste do Lago de Tunes, preto do centro de Tunes. Foi unha potencia do mundo antigo, disputando con Roma o control do mar Mediterráneo. Desa disputa orixináronse as tres guerras púnicas, despois das cales Cartago foi destruída. Cartago foi un dos centros comerciais máis importantes do Mediterráneo antigo e unha das cidades máis prósperas do mundo clásico. Converteuse na capital da civilización da Cartago antiga e máis tarde da Cartago romana.
A cidade desenvolveuse desde unha colonia fenicia ata a capital do imperio púnico que dominou gran parte do suroeste do Mediterráneo durante o primeiro milenio a.C. A lendaria raíña Elissa, Alyssa ou Dido, orixinaria de Tiro, é considerada a fundadora da cidade,Xosefo, Contra Apión (Libro I, §18) aínda que a súa historicidade foi cuestionada. No mito, Dido pediu terras a unha tribo local, que lle dixo que podía obter tanta terra como puidese cubrir unha pel de boi. Cortou a pel de boi en tiras e deseñou o perímetro da nova cidade. A medida que Cartago prosperaba no seu país, o sistema político enviaba colonos ao estranxeiro, así como maxistrados para gobernar as colonias.
A antiga cidade foi destruída durante o cerco de Cartago, que durou case tres anos, pola República Romana durante a Terceira guerra púnica no ano 146 a.C. Reconstruíuse un século despois como a Cartago romana, que se converteu na cidade principal do Imperio Romano na provincia de África. A cuestión do declive e a desaparición de Cartago seguiu sendo tema de debates literarios, políticos, artísticos e filosóficos tanto na historia antiga como na moderna.
Na antigüidade tardía e a Idade Media Cartago continuou a desempeñar un importante papel cultural e económico no período bizantino. A cidade foi saqueada e destruída polas forzas omeias despois da Batalla de Cartago no 698 para evitar que fose reconquistada polo Imperio Bizantino. Permaneceu ocupada durante o período musulmán e foi utilizada como forte polos musulmáns ata o período háfsida, cando foi tomada polos cruzados e os seus habitantes foron masacrados durante a Oitava Cruzada. Os háfsidas decidiron destruír as súas defensas para que non puidese ser utilizada como base por unha potencia hostil de novo. Tamén continuou a funcionar como unha sé episcopal.
O poder rexional desprazouse a Kairuan e á Medina de Tunes no período medieval, ata principios do século XX, cando comezou a desenvolverse como un suburbio costeiro de Tunes, incorporado como municipio de Cartago en 1919. O sitio arqueolóxico examinouse por primeira vez en 1830 polo cónsul danés Christian Tuxen Falbe. As escavacións realizáronse na segunda metade do século XIX por Charles Ernest Beulé e por Alfred Louis Delattre. O Museo Nacional de Cartago fundouno en 1875 o Cardeal Charles Lavigerie. As escavacións realizadas por arqueólogos franceses na década de 1920 chamaron a atención por primeira vez polas probas que produciron para o sacrificio de nenos. Houbo un desacordo considerable entre os estudosos sobre se o sacrificio de nenos se practicaba na antiga Cartago.Os restos esqueléticos da Cartago púnica non apoian o sacrificio sistemático de bebésAncient Carthaginians really did sacrifice their children. University of Oxford News O Museo Paleocristián de Cartago ao aire libre ten exposicións escavadas baixo os auspicios da UNESCO desde 1975 ata 1984. O sitio das ruínas é Patrimonio da Humanidade da UNESCO. thumb|right|Reconstrución de Cartago, capital dos cartaxineses
Fundación Existen numerosas datacións propostas polos historiadores clásicos sobre a data de fundación de Cartago.Marco Tulio Cicerón (en Rep., II, 23) dice que Cartago fundouse 60 anos antes que Roma e 39 anos antes da Primeira Olimpiada.Pompeio Trogo (Xustino, XVIII,6, 9 e Orosio; IV, 6, 1) a sitúa 72 anos antes que a de Roma.Veleyo Patérculo (I, 6, 4) di que Cartago precedeu a Roma en 65 anos.Servio (Aen., I, 12) considera que son 70 os anos que separan ambas as fundacións. A lenda clásica sobre a fundación de Cartago di que foi a princesa Dido quen a fundou no ano 814 a. C. Mentres o consenso actual é afirmar que a cidade foi fundada entre o 825 e o 820 a. de C.Todo isto proporciona un certo grao de certeza para a data da fundación de Cartago, que se ve reforzada polo feito de que Flavio Xosefo —un autor xudeu do século I— no seu libro "Contra Apión" (I, 18) informa da noticia (de Menandro de Éfeso) de que Cartago fundouse no sétimo ano do reinado de Pigmalión en Tiro. A comparación desta información coa lista dos reis de Tiro e os seus anos de reinado, tamén incluída por Xosefo, e as sincronicidades cos reis de Israel, permítenos situar a fundación de Cartago no último cuarto do século IX a.C. Tería lugar, concretamente, 155 anos e 8 meses despois da ascensión ao trono de Hiram, aliado e amigo de Salomón, en Tiro, o que dá a data de 826 a.C., moi próxima á de Timeo. A diferenza entre os dous pódese explicar pola imprecisión dos métodos cronolóxicos empregados polos escribas, así como polo cálculo por xeracións empregado polos historiadores gregos. Outra sincronía pódese establecer a partir dunha inscrición de Salmanasar III (IM 55644, col. IV, 1, 10) que permite fixar a fundación de Cartago entre os anos 825 e 820 a.C. co nome de Qart Hadašt ‘cidade nova’.Historia de Cartago no Dicionario Enciclopédico Hispanoamericano (1887-1910).
Topografía thumb|Mapa arqueolóxio thumb|Lugar arqueolóxico de Cartago thumb|Lugar arqueolóxico de Cartago thumb|Vista de dúas columnas en Cartago
Cartago construíuse nun promontorio bañado polo mar ao norte e ao sur. A situación da cidade fíxoa dominar o comercio marítimo do Mediterráneo. Todos os buques que cruzaban o mar debían pasar entre Sicilia e as costas de Tunisia, onde se construíu Cartago, dándolle gran poder e influencia. Dentro da cidade construíronse dous grandes portos artificiais, un para albergar a gran armada da cidade de 220 buques de guerra e outro para o comercio mercantil. Unha torre amurallada dominaba os dous portos. A cidade tiña enormes muros macizos de 37 km. de lonxitude, máis longos que os muros de cidades comparables. A maioría das murallas situáronse na costa, polo que poderían ser menos impresionante, xa que o control cartaxinés do mar facía difícil un ataque desde esa dirección. Os 4 a 4´8 km. do muro do istmo ao oeste foi verdadeiramente macizos e nunca foi asaltado. A cidade tiña unha enorme necrópole ou cemiterio, área relixiosa, mercados, casa consistorial, torres e un teatro, e dividiuse en catro áreas residenciais de igual tamaño co mesmo esquema. No medio da cidade atopábase unha cidadela elevada chamada Byrsa.
Cartago foi unha das cidades máis grandes do período helenístico e foi unha das cidades máis grandes da historia preindustrial. Mentres que no ano 14 d.C. Roma tiña polo menos 750.000 habitantes e no século seguinte alcanzou 1 millón, as cidades de Alexandría e Antioquía non tiñan máis que uns poucos centos de miles ou menos. Segundo a historia non sempre fiable de Herodiano Cartago rivalizou con Alexandría polo segundo lugar do Imperio Romano.
thumb | right | Ruínas púnicas en Byrsa Na cima do outeiro de Byrsa, no foro romano, escavouse unha zona residencial do último século de existencia (principios do século II a.C.) da cidade púnica polo arqueólogo francés Serge Lancel. O barrio, coas súas casas, tendas e espazos privados, é importante polo que revela sobre a vida cotiá alí hai máis de 2100 anos.Serge Lancel and Jean-Paul Morel, "Byrsa. Punic vestiges"; To save Carthage. Exploration and conservation of the city Punic, Roman and Byzantine, Unesco / INAA, 1992, pp. 43–59
Os restos conserváronse baixo terrapléns, as subestructuras do posterior foro romano, cuxos pilotes de cimentación salpican o distrito. Os bloques de viviendas están separados por unha cuadrícula de rúas rectas ao redor de 6 m. de ancho, cunha calzada composta de arxila, escaleiras in situ compensan a pendente do outeiro. Este tipo de construción presupón organización e vontade política, e inspirou o nome do barrio, "distrito de Haníbal", referíndose ao lendario xeneral púnico ou sufete (cónsul) no inicio do século II a.C.
O hábitat é típico, incluso estereotipado. A rúa era usada frecuentemente como escaparate/tenda, instaláronse cisternas nos sotos para recoller auga para uso doméstico, e un longo corredor no lado dereito de cada residencia conducía a un patio que contén un sumidoiro, ao redor do cal poden atoparse outros elementos. Nalgúns lugares, o chan está cuberto de mosaicos denominados pavimento de punica, ás veces usando un morteiro vermello característico.
O porto mercante de Cartago desenvolveuse, despois do asentamento da veciña cidade púnica de Útica, en Tunisia. Finalmente, os territorios circundantes puxéronse na órbita dos centros urbanos púnicos, primeiro comercialmente, despois politicamente. Seguiu a xestión directa sobre o cultivo das terras veciñas por propietarios púnicos.Stéphanie Gsell, Histoire ancienne de l'Afrique du Nord, volume catro (París 1920). Un traballo de 28 volumes sobre a agricultura escrito en Púnico por Magón, un xeneral do exército xubilado (c. 300), traduciuse ao latín e máis tarde ao grego. Perdeuse o orixinal e as dúas traducións, con todo, algúns dos textos de Magón sobreviviron noutras obras en latín.Serge Lancel, Carthage. A History (París: Arthème Fayard 1992; Oxford: Blackwell 1995) at 273–274 (Mago quoted by Columella), 278–279 (Mago and Cato's book), 358 (translations). Oliveiras (por exemplo, enxerto), árbores froiteiras (granada, amendoeiras, figueiras, palmeiras), viticultura, abellas, gando, ovellas, aves, implementos e agronomía estaban entre os temas antigos que discutiu Magón. Tamén, Magón aborda a arte do vinicultor (aquí hai un tipo de xerez.Gilbert e Colette Picard, La vie quotidienne à Carthage au temps d'Hannibal (París: Librairie Hachette 1958), translated as Daily Life in Carthage (Londres: George Allen & Unwin 1961; reprint Macmillan, New York 1968) at 83–93: 88 (Mago as retired general), 89–91 (fruit trees), 90 (grafting), 89–90 (vineyards), 91–93 (livestock and bees), 148–149 (wine making). Elephants also, of course, were captured and reared for war (at 92).Sabatino Moscati, Il mondo dei Fenici (1966), translated as The World of the Phoenicians (London: Cardinal 1973) at 219–223. Hamilcar is named as another Carthaginian writing on agriculture (at 219).Serge Lancel, Carthage (París: Arthème Fayard 1992; Oxford: Blackwell 1995), discussion of wine making and its 'marketing' at 273–276. Lancel says (at 274) that about wine making, Mago was silent. Punic agriculture and rural life are addressed at 269–302.