Aleksandr Nikolaevich Afanasev (ruso cirílico Александр Николаевич Афанасьев), nado en Boguchar (Vorónezh) o 11 de setembro de 1826 e finado en Moscova o 23 de outubro de 1871, foi un escritor ruso.
Traxectoria Foi o maior dos folcloristas rusos da época, e o primeiro en editar volumes de contos de tradición eslava. A súa obra consta dun total de 680 contos tradicionais rusos recollidos en oito volumes que realizou de 1855 a 1863, algúns tan coñecidos como "Basilisa a fermosa", "A lenda de Márya Morevna" ou "O soldado e a morte".
Foi membro da Academia de Xeografía rusa dende 1852. Esta organización foi a impulsora da publicación dos seus volumes de contos.
Véxase tamén
Bibliografía Afanasev. Cuentos populares rusos .— 2. ed. . — Buenos Aires : Espasa-Calpe, 1948 . — 163 p. A.N.A. Afanasev (3 volumes) (C) Ed. castellana Ediciones Generales Anaya, S.A., Madrid, 1983
Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Nados no óblast de Voronezh Categoría:Nados en 1826 Categoría:Finados en 1971