O ŠK Slovan Bratislava é un club de fútbol da cidade de Bratislava, en Eslovaquia. Foi fundado en 1919 e xoga na primeira división da liga eslovaca.

Historia O club fundouse en 1919, empezou xogando na liga checoslovaca e de 1939 a 1944 xogaría na primeira liga eslovaca, isto debido á separación que existiu cos checos na segunda guerra mundial. Neste período de 6 anos o Slovan Bratislava logrou gañar a liga en 4 ocasións e foi subcampión nas 2 restantes, mostrando a súa supremacía na rexión.

En 1944 o país se reunifica e volven á liga checoslovaca, onde lograrían o título en 8 ocasións ata 1993, cando ocorre a separación pacífica da República Checa e Eslovaquia. Desde 1993 logrou gañar o título en 5 ocasións máis, a última en 2009.

Xogadores Xogadores históricos Jozef Adamec Ján Čapkovič Jozef Čapkovič Peter Dubovský Koloman Gögh Karol Jokl László Kubala Marián Masný Ladislav Móder Anton Ondruš Ján Pivarník Ján Popluhár Ján Švehlík Dušan Tittel Jozef Vengloš

Palmarés Torneos nacionais Liga eslovaca (14): 1940, 1941, 1942, 1944, 1994, 1995, 1996, 1999, 2009, 201, 2013, 2014, 2019, 2020 Copa de Eslovaquia (10): 1970, 1972, 1974, 1976, 1982, 1983, 1989, 1994, 1997 e 1999 Copa Pribina (3): 1994, 1995 e 1996 Liha checoslovaca de fútbol (8): 1949, 1950, 1951, 1955, 1970, 1974, 1975 e 1992 Copa de Checoslovaquia (5): 1962, 1963, 1968, 1974 e 1982

Torneos internacionais Recopa de Europa (1): 1969 Copa Intertoto (6): 1968, 1970, 1972, 1973, 1974 e 1977

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do ŠK Slovan Bratislava (en eslovaco)

Slovan