O furabuchos atlántico, ás veces pardela furabuchos, (Puffinus puffinus) é unha ave da orde das procelariformes pertencente á familia Procellariidae proia do océano Atlántico.
É unha ave mariña de lombo negro e partes inferiores brancas, voa a baixa altura sobre o mar, con planeos rápidos e ladeados, alternando con rápidos aleteos.
Alimentación Aliméntase na superficie ou mergullándose a pouca profundidade, de pequenos peixes, luras, crustáceos e lixo dos barcos pesqueiros.
Anidación Anida en colonias en illas montañosas a pouca distancia do litoral, e só visita o seu niño de noite, no medio dun coro de voces cacarexantes.
Notas
Categoría:Proceláridos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1764