Manuel Cuña Novás, nado en Pontevedra o 1 de xuño de 1924 e finado o 18 de maio de 1992 na mesma cidade, foi un escritor e político galego, pertencente á Promoción de enlace.

Traxectoria Fillo dos mestres Manuel Cuña e Sara Novás, pasou a infancia en Pontevedra, ata o período republicano, cando a súa familia se trasladou a Cidade Real, onde os sorprendeu a guerra civil. Coa fin da guerra o seu pai marchou ó exilio a Panamá, e a nai e os irmáns volveron a Galiza.

Comezou a escribir poesía ó rematar a adolescencia, e colaborou en publicacións como Sonata Gallega, Finisterre, Cartel e El Pueblo Gallego. Nesa época estableceu amizade co poeta Virgilio Nóvoa Gil, ó que afastou da loucura. En 1950 gañou o premio de poesía na Festa das Letras de Barcelona co poema Trebón perpetuo, presentado co pseudónimo de Jorge Casasbellas.

En 1951 viaxou a Francia, onde escoitou e aprendeu de Jean-Paul Sartre, Albert Camus, Édith Piaf, Paul Éluard, e de acollidos como Friedrich Hölderlin, Rainer Maria Rilke ou Arthur Rimbaud.

Casou con Josefina e tivo dous fillos, o poeta Jorge Cuña Casasbellas e o militante anarcosindicalista Miguel Cuña Casasbellas.

Afiliado ao Partido Socialista Obrero Español, foi senador pola provincia de Pontevedra de 1982 á súa morte en 1992.

Obra en galego Poesía miniatura|Nicho no Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra. Frauta na noite, 1947. Premio do Centro Gallego de Buenos Aires. Fabulario novo, 1952, Sabino Torres, Pontevedra, colección Benito Soto.Reeditado no 1991 en Vía Láctea e en facsímile en 1999 pola Deputación de Pontevedra.Incluído, co n.º 28 na Biblioteca Galega 120. Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte, 1976, edición do autor, Pontevedra. Antología poética = Antoloxía poética = Antologia poetica, 2007, Fundación Cuña-Casasbellas. Antoloxía trilingüe galego-castelán-italiano.

Obra en castelán Poesía Mar de otra luz, 2008, Fundación Cuña-Casasbellas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Literatura galega do século XX Lista de senadores galegos desde a Transición

Ligazóns externas Fundación Cuña - Casasbellas (en castelán) Ficha no Senado

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 1992 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Promoción de Enlace Categoría:Poetas en lingua galega