O topónimo Os Pelamios, derivado da voz latina , fai referencia a lugares onde existiron curtidorías de pel, concretamente a regatos, fontes e en xeral zonas con auga, que alimentaba os píos onde se somerxían as peles para curtir e ós que se botaban as augas residuais da industria. Pode referirse a:

Os Pelamios, barrio de Compostela, a carón do río Sarela; Os Pelamios, barrio de Pontevedra, xunto o río dos Gafos; Ponte dos Pelamios, en Ourense, sobre o río Barbaña; A desaparecida praia dos Pelamios, na Coruña, preto da torre de Hércules; Río Pelamios, en Betanzos. Fonte dos Pelamios, en Mondoñedo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Pelamio, lugar da parroquia de Farnadeiros, no concello do Corgo.