Para o lugar coristanqués, véxase O Pazo da Trabe.

O pazo da Trabe é unha casa señorial galega situada no lugar da Trabe, na parroquia de Galdo, no concello de Viveiro. Na actualidade alberga un establecemento de turismo rural.

Orixes miniatura|275px|dereita|Pazo da Trabe. Non se ten documentación do pazo até o século XVI.

En 1435 no paso dos Cabaleiros reuníronse o bispo de Mondoñedo, o deán catedralicio e dous procuradores para discutir o litixio que mantiñan nobreza e igrexa sobre a parroquia de Galdo e os foros da renda. Logo de varias disputas e litixios, Galdo perdeu o estatuto de concello, pasando a pertencer a Viveiro.

O bispado cedeu o couto de Galdo a Alonso Pérez de Viveiro por 5.000 marabedís. Anos máis tarde a propiedade pasou a mans do meiriño do couto, o vizconde de Altamira, Xoán de Pita Pumariño, e posteriormente herdouno seu fillo, Fernando Pumariño, rexedor de Viveiro e casado con Catalina de Miranda, irmá do arcebispo de Sevilla e fundador da Universidade de Oviedo, Fernando de Valdés y Salas. O pazo pasou a mans da filla do matrimonio, María de las Alas Pumariño, casada co corrixidor da Coruña. En 1607 mercouno por 1.000 ducados Antonio da Ponte e Prada, que o deixou a seu fillo Teodoro.

A mediados do século XIX pasou a mans de Juan Gabriel da Ponte. A súa filla Luisa vendeuno en 1881 a Bartolomé Basanta Miranda, alcalde de Viveiro e senador do Partido Conservador. En 1885 herdou o pazo o seu xenro, Ramón Rebellón Zubiri, que representou nas Cortes a Viveiro durante catro lexislaturas no partido de Cánovas del Castillo, conseguindo para Viveiro o título de cidade. Seus fillos herdaron o pazo pero non o habitaron, o que desmellorou a súa conservación até a súa venda en 1993.

Actualidade O pazo da Trabe foi reconstruído e renovado respectando as orixes, con materiais autóctonos e con técnicas artesás que recollen as tradicións ceramistas da zona, lideradas pola achegada fábrica de Sargadelos.

Véxase tamén Bibliografía García Oro, J.: Vivero y la familia Pardo de Cela. Cal Pardo, E.: Parroquias del Ayuntamiento de Viveiro. Outros artigos Pazos de Galicia.

Ligazóns externas www.pazodatrave.com

Trabe Categoría:Viveiro