Sakuragawa (桜川市, さくらがわし, Sakuragawa-shi) é un concello da prefectura de Ibaraki no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao oeste da prefectura, e na area da provincia histórica de Hitachi, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 179,78 km², a poboación é de 46.688 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 260 h/km².

A cidade de Sakuragawa foi fundada pola fusión dun concello do distrito de Nishiibaraki (Iwase) e 2 concellos do distrito de Makabe (Makabe e Yamato) no ano 2005.

O concello de Sakuragawa limita cos concellos de Chikusei, Tsukuba, Ishioka, Kasama (que son da prefectura de Ibaraki); de Mooka, Mashiko e Motegi (que son da prefectura de Tochigi).

Categoría:Rexión de Kantō Categoría:Concellos do Xapón