miniatura|dereita|Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1986 ao entraren España e mais Portugal no mercado común.
Unha alfándega (do árabe al-fundaq, "hospedaría") ou aduana (do árabe ad-dīwān, "rexistro", "escritorio") é unha oficina situada nalgún porto, aeroporto ou fronteira para cobrar taxas das mercadorías que se importan e exportan. Na época moderna teñen a responsabilidade de vixiar as fronteiras, concretadas polos Estados mediante cadansúa organización. Réxense polas regras de cada Estado, mais teñen a función principal de controlar as importacións e exportacións, e a cobranza dos impostos pertinentes. Notas
Véxase tamén
Outros artigos A Raia Couto Mixto A Aduana
Categoría:Termos e conceptos de economía Categoría:Xeografía