Miloš Hrstić, nado en Rijeka o 20 de novembro de 1955, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol croata. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección iugoslava.
Traxectoria Formado na canteira de NK Rijeka, xogou no equipo croata (daquela Iugoslavia) durante dez anos até a campaña 1984–85, cando foi traspasado.
Na tempada 1985–86 foi contratado polo Deportivo da Coruña, adestrado por Jesús Aranguren en Segunda División. No club galego permaneceu unha campaña, compartindo posición na defensa con xogadores como Antonio Dacosta, Silvi, Richard Moar ou Mauri.
Na tempada 1987–88 xogou no Olimpija Ljubljana.
Selección nacional Participou coa selección iugoslava no Mundial de Fútbol España 1982.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Perfil do xogador en reprezentacija.rs
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Rijeka Categoría:Serbios de Croacia Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas olímpicos de Iugoslavia Categoría:Xogadores do HNK Rijeka Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Iugoslavia Categoría:Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1980 Categoría:Adestradores de fútbol de Iugoslavia Categoría:Adestradores de fútbol de Croacia