Dise sibilante da realización ou fonema fricativo con punto de articulación entre alveolar e palatal. Entre os existentes no galego están os que se escriben destes xeitos: o "s" de sega, fricativo alveolar xordo; o "x" de xoia, fricativo prepalatal xordo; En portugués e francés existen os seus homólogos sonoros: o "z" de zebra, fricativo alveolar sonoro; o "j" de juri, fricativo prepalatal sonoro; Existen máis e debido ó seu comportamento conxunto nos sistemas fonolóxicos reciben este nome colectivo. En galego, a realización sibilante coma fricativa alveolar xorda do fonema interdental xordo recibe o nome de seseo.

Categoría:Fonoloxía Categoría:Fonética