Tome (登米市, とめし, Tome-shi) é un concello da prefectura de Miyagi no Xapón. Está situado no centro-leste da rexión de Tōhoku e no centro da prefectura, ao noroeste da illa de Honshū. A súa superficie é de 536,38 km², a poboación é de 85.027 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 159 h/km².

O concello de Tome limita cos concellos de Kurihara, Ōsaki, Wakuya, Ishinomaki, Minamisanriku, Motoyoshi (que son da prefectura de Miyagi); de Fujisawa e Ichinoseki (que son da prefectura de Iwate).

Historia A cidade de Tome foi fundada pola fusión de 8 concellos de vilas do distrito de Tome (Hasama, Toyoma, Minamikata, Tōwa, Nakada, Toyosato, Yoneyama e Ishikoshi) e un concello de vila do distrito de Motoyoshi (Tsuyama) no ano 2005.

Personaxes de sona Shōtarō Ishinomori (石ノ森章太郎) - Mangaka Katsuhiro Ōtomo (大友克洋) - Mangaka e director de cine

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Tome .

Categoría:Prefectura de Miyagi Categoría:Concellos do Xapón